Contundente vitoria no Salvador Otero para recuperar sensacións

28 de Xaneiro de 2019
Brais Abelenda celebra un dos seus goles no Salvador Otero. Foto: Amadeo Rey.
Brais Abelenda celebra un dos seus goles no Salvador Otero. Foto: Amadeo Rey.
  • A SD Compostela estreou a marcadora do 2019 superando 1-5 ao Céltiga

  • Brais Abelenda e Álex Ares marcaron senllos dobretes nun encontro no que debutou Chechu Meneses

Santiago de Compostela, a 28 de Xaneiro de 2019.

A marcadora de vitorias da SD Compostela neste 2019 inaugurouse onte no Salvador Otero tras superar 1-5 ao Céltiga. O conxunto branquiazul realizou un encontro sobresaínte e levou os tres puntos para recuperar sensacións, seguir enganchado á zona de playoff e recortar a distancia cos primeiros clasificados.

Despois de tres meses sen vencer lonxe do Vero Boquete, o Compos chegaba á Illa de Arousa coa firme intención de romper coa dinámica das últimas semanas. En Lugo, o domingo anterior, o equipo mellorou a súa cara, malia que isto non se viu reflectido no marcador final, polo que querían que esas boas sensacións levasen maior premio no tapete arousán.

Os de Yago Iglesias, cun novo esquema, saíron a dominar desde o inicio e as ocasións non tardaron en chegar sobre a portería defendida por Marcos Bermúdez. Chechu, que se estreou como xogador branquiazul, e Álex Ares levaron os primeiros “uy” á bancada, quen puido cantar o primeiro gol no 16. Aythami atopouse co meta local, pero o seu rexeite caeu nas botas de Brais Abelenda, quen tras orientarse, mandou o esférico ao fondo da rede.

O tanto inaugural animou aínda máis aos nosos, rozando o segundo nun lanzamento ao pau de Santi ou en dous disparos de Brais Abelenda e Aythami, ao fío do descanso, que se marcharon por moi pouco.

Á saída dos vestiarios, tras dúas novas aproximacións do extremo de Val do Dubra, o Céltiga igualou o choque na súa única aproximación ata ese momento. Aram saltou máis que o resto nun córner e colocou o esférico cruzado na rede, facendo imposible a reacción de Lorenzo.

Con todo, o empate non influíu no plan branquiazul, non se puxeron nerviosos e recuperaron a vantaxe doce minutos máis tarde. Corría o minuto 67 cando Álex Ares, tras asistencia de Santi, anotaba a segunda diana santiaguesa, cun disparo desde a frontal da área que golpeou nun rival e se coou no fondo das mallas.

Esta vez, o Compos non deixou escapar a superioridade no marcador e sete máis tarde ampliou a renda tras unha falta botada polo propio Álex Ares. O lanzamento do mediapunta foi rexeitado por un defensa, pero caeu no segundo pau, por onde pasaba Brais Abelenda, quen certificou o seu dobrete cun toque sutil.

Con maior tranquilidade, o equipo santiagués pechou o partido con dous goles máis nos últimos minutos. Primeiro, no 77, Álex Ares tamén selou o seu particular dobrete, despois dunha gran combinación finalizada polo eumés, a pase de Aythami. Mentres que no 87, Rubén aproveitou un rexeite do porteiro, tras un tiro do dianteiro canario, para pechar a goleada no Salvador Otero.

O 1-5 final reflectiu a superioridade mostrada polos xogadores branquiazuis, quen saborearon un novo triunfo despois de varias semanas. O equipo recuperou a senda da vitoria, estreouse neste 2019 e colleu ánimos para a segunda volta do campionato. Confiados en que o traballo da os seus froitos, o vindeiro domingo volverán tentalo contra o Alondras.

FICHA TÉCNICA:

1- Céltiga FC: Marcos; Santi, Emilio (Jimi, m.75), Aram, Nico; Sebas, Pablo Pillado; Álex (Igor, m.51), Jacobo, Lamas (Nathan, m.79); e Edu Otero.

5- SD Compostela: Lorenzo; Casas, Piscu, Chechu; Mon, Marcos Remeseiro; Miki, Álex Ares (Saro, m.81), Brais Abelenda (Rubén, m.79); Santi (Josiño, m.75) e Aythami.

Goles: 0-1: Brais Abelenda, min.16; 1-1: Aram, min.55; 1-2: Álex Ares, min.67; 1-3: Brais Abelenda, min.74; 1-4: Álex Ares, min.77; 1-5: Rubén, min.88.

Árbitro: García Rodríguez, colexio coruñés. Amoestou a Aram, Lamas e Sebas polos locais; e a Aythami polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo primeira xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Campo Salvador Otero ante 400 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
♻️ Selo #ecompos 🏟️ Grazas á nosa colaboración con Ecoembes, fomentaremos a reciclaxe nos nosos partidos no Vero Boquete 🚮 A asociación posibilitará a presenza de contedores azuis e amarelos nos encontros do Compos como local 📸 Esta semana, selamos o acordo no Estadio coa presenza de Bruno de Llano Gómez Ulla, especialista en gestión local y autonómica de #ecoembes en Galicia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, derbi na nosa casa para recuperar a senda do triunfoPatrocinado por Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud 🤝🩵🤍 ⚽️ 𝐗𝟏𝟏🆚 CF Noia 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Xeral: 12€ | Menores de idade: 2€📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composnoia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud, novo responsable dos servizos médicos integrais do Compos 👉 O centro sanitario compostelán, do Grupo SCQ Salud e situado na praza de Galicia, coidará do benestar dos nosos xogadores 👨‍⚕️ Están especializados nunha atención médica integral de calidade e contan cun grupo de profesionais altamente cualificados Benvidos ao Compos! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comeza a semana de traballo para preparar un novo partido na nosa casa🏟️ Entre as sesións, os nosos terán mañá un amigable contra a Selección Real Federación Galega de Fútbol - Futgal en Ordes#composnoia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.