Dobres triunfos para os xuvenís e cadetes

29 de Xaneiro de 2019

Resultados-28-Xaneiro

  • O Benxamín A, Prebenxamín B e Biberón seguen invictos nas segundas fases

Santiago de Compostela, a 29 de Xaneiro de 2019.

As categorías inferiores da SD Compostela coleccionaron oito triunfos nunha nova xornada do 2019. Os branquiazuis asinaron senllos dobretes en xuvenís e cadetes, aos que se engadiron os do Infantil B, Benxamín A, Prebenxamín B e Biberón, conxuntos estes tres últimos que marchan como líderes nas segundas fases do campionato.

En primeiro lugar, a Zona Vella non foi capaz de ampliar a súa dinámica positiva e caeu pola mínima na súa visita ao Silleda, terceiro clasificado. Jorge Castiñeiras igualou o choque na primeira metade, pero os locais responderon o minuto e os nosos xa non foron capaces de perforar a meta rival, polo que volveron sen carga para Santiago. Con todo, o equipo segue asentado na zona media da táboa.

Despois de tres duras xornadas, o Xuvenil A recuperou a senda da vitoria, recortando diferenzas cos postos de ascenso. Os nosos, tras varios tropezos consecutivos, quitáronse un peso de encima despois de superar 2-0 ao Betanzos. Sergio González, no 59, e Yoseban Montoto, no 73, certificaron os tres puntos para os nosos, que marchan terceiros a dous puntos do segundo.

Pola súa banda, o Xuvenil B segue cunha impresionante segunda volta, logrando o terceiro triunfo consecutivo ante o Bandeira. Un dobrete de Marcos Andrade, con ambos goles na primeira parte, foi suficiente para que os branquiazuis lograsen unha nova vitoria que lle permite escalar ata a sexta posición da clasificación.

En cadetes, o refacho de vitorias neste 2019 tamén ascende a tres en ambos os casos. Por unha banda, o Cadete A segue co seu férreo liderado tras superar por 0-4 ao CD Rois. Por dúas veces, Jaime Álvarez e Manuel Crespo perforaron a meta local para alcanzar os 58 puntos en vinte xornadas. Polo outro, o Cadete B segue subindo na táboa mercé a outro gran resultado, un triunfo por 1-3 na súa visita ao Silleda. Alejandro Parga, Gorka Madariaga e Iago Fernández marcaron nos 25 primeiros minutos para sentenciar o duelo e non deixar escapar tres unidades moi importantes.

Esta vez, en infantís, non se puido repetir o dobrete doutras semanas, xa que o Infantil A caeu pola mínima (1-0) ante o Villestro. Con todo, os pequenos branquiazuis mostraron unha gran imaxe ante o segundo clasificado, tendo opcións de sumar en todo momento. Si levou a palma o Infantil B, capaz de superar por 1-2 ás ED de Vedra. Valentino Becerra e Hugo Sabel, na primeira media hora, selaron o triunfo visitante.

En fútbol 8, descansaron os alevíns polo campionato de seleccións comarcais, pero xogaron os demais equipos. O Benxamín A sumou a súa terceira vitoria noutros tantos encontros do playoff na súa visita ás ED de Vedra, mentres que o Benxamín B empatou de local contra o Conxo. Máis abaixo, o Prebenxamín A arrincou a segunda fase da liga con derrota ante o Bertamiráns, resultado moi diferente ao do Prebenxamín B, líder con seis puntos, contra o mesmo club.

Por último, o Biberón sumou o seu segundo triunfo en dous partidos contra o Cacheiras, aumentando a seis unidades a súa puntuación na segunda fase do campionato.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸️@sd tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.