O Compos pon en marcha ‘Compostec’, a súa primeira escola de tecnificación

30 de Xaneiro de 2019

Compostec

  • O club está a piques de pechar un patrocinador que becará a 24 nenos e nenas na Escola

  • O proxecto enmárcase dentro da aposta da entidade pola canteira

  • Iván Carril, ex-futbolista profesional e adestrador da base, será o director

Santiago de Compostela, a 30 de Xaneiro de 2019.

A Sociedade Deportiva Compostela poñerá en marcha este próximo mes de febreiro ‘Compostec’, a súa primeira escola de tecnificación. Este proxecto, pioneiro na comarca, é un paso máis na aposta do club pola canteira, cuxo obxectivo a medio prazo é que xogadores de Santiago e comarca poidan ser o alicerce fundamental do primeiro plantel.

Compostec’ busca, fundamentalmente, a mellora da técnica individual, a ampliación da creatividade e a capacidade de decisión dos nenos e nenas, así como acentuar as características propias de cada un, todo dentro dun marco divertido, saudable e de diversión. O programa de formación preparará aos xogadores de acordo coas diferentes posicións do campo: porteiros, defensas, medios e dianteiros; traballando as habilidades técnicas específicas de cada unha.

O director da Escola será Iván Carril Regueiro, ex-xogador de equipos como o RC Deportivo ou o Pontevedra e con ampla experiencia no fútbol profesional de países como Austria, Grecia ou Nova Zelandia. Ademais, Carril, adestrador nacional nivel 3, é o actual adestrador do Cadete A da SD Compostela.

A primeira sede de ‘Compostec’ será o campo de fútbol Novo do Doce, en Padrón, e tratará de dar servizo tanto a pequenos e pequenas de Santiago, como aos dos arredores e das comarcas próximas do Barbanza, Tabeirós e Deza.

Esta escola de tecnificación, cuxo inicio da actividade está programado para a semana próxima, será a primeira das varias que ten previsto crear o club no futuro.

Ademais, ‘Compostec’ contará tamén cunha escola de porteiros, aberta para gardametas de calquera idade. Os seus grupos de ensino serán de entre 4 e 6 arqueiros, tutelados en todo momento por adestradores de porteiros con ampla experiencia. A súa posta en marcha será inmediata, simultánea ao do resto da Escola.

Por último, o club está próximo a pechar un acordo cun patrocinador para a Escola, quen becará anualmente a 24 nenos e nenas, que poderán obter todos os servizos de forma gratuíta. A súa elección, entre os menores de 16 anos, levarase a cabo a través dunha comisión creada para o efecto, da que formarán parte, entre outros, o director deportivo do club, Manuel Castiñeiras, e algún representante da entidade patrocinadora.

Todas aquelas persoas interesadas en ‘Compostec’ poderán obter máis información nas oficinas do club (luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00), tanto de maneira presencial como a través do teléfono fixo (981 57 70 41).

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🤝 Onte acompañáronnos Xosé Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia; e Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade, patrocinador do partido 🩵🤍♣️♠️ Ademais, Xosé Merelles fixo entrega do agasallo de Ourives de Compostela ao C.D. Numancia de Soria📸 Nacho Castaño#composnumancia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 Derbi contra o líderx19 🆚 Pontevedra Club de Fútbol SAD 🏟️ Pasarón🗓️ Domingo 19/01🕔 17.00 horas🎟️ Entradas na Oficina do Compos (ata venres) ou no Despacho de Billetes de Pasarón (domingo) 📲 Online 👉 www.pontevedracf.com/es/news/venta-de-entradas-online#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Sesión hoxe nas Cancelas para iniciar unha semana de derbi ⚽️ Cinco adestramentos no plan de traballo para preparar o encontro en Pasarón contra o Pontevedra Club de Fútbol SAD #pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ Antón Permuy🗣️ Declaracións de Antón Permuy trala igualada, 2⃣-2⃣, contra o C.D. Numancia de Soria#composnumancia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.