Catro de catro no 2019 para o Xuvenil B e ambos cadetes

5 de Febreiro de 2019

Resultados-4-Febreiro

  • Vitorias de mérito do Infantil A e do Infantil B contra o líder

Santiago de Compostela, a 4 de Febreiro de 2019.

A cuarta xornada do 2019 para as categorías inferiores da SD Compostela serviu para ampliar o refacho de resultados dos equipos branquiazuis máis en forma. O Xuvenil B, o Cadete A e o Cadete B asinaron o seu catro de catro neste 2019 para crecer nas súas respectivas ligas. Ademais, a fin de semana tamén deixou un novo triunfo do Infantil A, a vitoria do Infantil B contra o líder e o éxito do Benxamín B na súa visita á SD Cacheiras.

En primeiro lugar, o Zona Vella volveu caer pola mínima contra un rival da parte alta, a SD Villestro, que marcha segundo a un punto do primeiro. O filial branquiazul adiantouse no marcador mercé a un tanto de Jorge Castiñeiras no primeiro acto, pero os visitantes empataron no último minuto. Este tanto psicolóxico animou a un Villestro que culminou a remontada na segunda metade do choque.

Tampouco tivo o seu mellor día o Xuvenil A, quen sucumbiu pola mínima, 3-2, na súa visita ao Atlético Riveira. Juan Amigo e Yago Torrente recortaron as distancias en dúas ocasións, pero non foi suficiente para sacar algún punto da visita ao Barbanza. Por contra, o Xuvenil B segue co seu inicio de ano de doce e sumou o seu cuarto triunfo consecutivo. No derbi contra o Atlético Fátima, os nosos conseguiron os tres puntos (0-3) grazas aos goles de Diego Montes, Xoel Caamaño e Adrián García. Con esta vitoria, os nosos ascenden ao quinto lugar da táboa, en postos de playoff de ascenso.

En categoría cadete, ambos conxuntos seguen tamén cunha xeira inmaculada e asinaron o cuarto dobrete seguido do ano. O Cadete A, líder da súa liga, segue invicto tras superar por 7-0 ao CF Noia. Uxío Figueroa, Jaime Álvarez (2), Manuel Crespo, Anxo Ferro, Pedro Casal e Xaime Paz selaron o claro resultado final. Á súa vez, o Cadete B conseguiu unha importante vitoria contra o EF Boqueixón por 3-0. Os nosos achéganse a un punto do seu rival, terceiro clasificado, tras superalo co dobrete de Uxío Figueroa e a diana de Iago Fernández.

Tamén lograron un dobrete de triunfos os equipos infantís. O Infantil A segue deixando grandes impresións neste 2019 e superou á AD Nicrariense, á que adianta na clasificación, por 1-0. Un gol en propia porta aos cinco minutos foi suficiente para que os branquiazuis levasen os tres puntos na matinal do sábado. Pola súa banda, o Infantil B logrou unha meritoria vitoria contra o líder da categoría, o Vitoria FC, por 2-1. Tomás Munge e Jorge Vázquez adiantaron aos nosos na primeira parte, vantaxe que souberon administrar no segundo acto para levar tres puntos moi complicados.

En fútbol 8, os alevíns volveron á acción con vitoria para o Alevín A (1-3) ante o Amio e derrota do Alevín B (5-1) contra o Compañía de María. Os tres puntos conseguidos polo primeiro permítenlle seguir liderando o playoff de descenso. Ademais, o Benxamín B superou tamén á SD Cacheiras para seguir na metade da táboa, mentres que o Biberón perdeu contra o Amio.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Quérote Compos 📲👉 sdcompostela.compralaentrada.com🎥 Agradecemento especial a Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Bo Nadal, compostelanistas 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎫 O número do Compos, o 4⃣8⃣.0⃣7⃣1⃣, foi agraciado na Lotaría de Nadal cun premio de 5€ por euro xogado🎟️ Pódese recoller xa o premio das participacións, dende hoxe, na nosa Tenda Oficial da Rúa da Raíña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ Antón Permuy🗣️ Declaracións do técnico do Compos trala derrota en Valladolid#rvpromesascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋Real Valladolid C.F. S.A.D Promesas 1⃣-0⃣ COMPOS#rvpromesascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.