Coa intención de sumar a cuarta vitoria seguida

15 de Febreiro de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/Xm8zHxsics4″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • A SD Compostela quere ampliar a súa dinámica positiva de resultados este domingo contra o Paiosaco no Vero Boquete

Santiago de Compostela, a 14 de Febreiro de 2019.

O triunfo contra o Silva xa é historia e a SD Compostela pensa xa no seguinte duelo para ampliar a súa dinámica positiva de resultados. Este domingo, no horario habitual, o equipo branquiazul regresa ao Vero Boquete de San Lázaro para medirse ao Paiosaco, unha das revelacións das tempadas e que xa lle puxo as cousas moi difíciles aos nosos no encontro da primeira volta.

“É un equipo que ten moitísimo mérito. Un club humilde, veciño do Laracha e do Bergantiños, recentemente ascendido e cunha filosofía, a do seu técnico Juan Riveiro, na que nunca repiten máis de catro ou cinco xogadores no once”, explicou Yago Iglesias na rolda de prensa.

A pesar de ter apenas futbolistas contrastados na categoría, o técnico branquiazul destaca o poder do bloque rival, sempre baixo unha proposta de tres centrais. “Desde o principio usaron o 5-3-2 que agora utilizan moitos equipos e hai que telos moi en conta, xa que só perderon pola mínima contra o Bergan, gañáronlle na casa ao Racing de Ferrol e ao Ourense CF de visitantes”, valorou.

De cumprirse as expectativas, o Compos vivirá unha situación curiosa, xa que todos os conxuntos aos que se enfrontou nesta segunda volta expuxeron o mesmo esquema. Tamén fixo o propio o cadro santiagués, aínda que Yago avisa que poden adaptarse a calquera formulación. “Temos distintas maneiras de afrontar os partidos, pero o que si é seguro, e todo o mundo o sabe, é a proposta que sacaremos a escena, sexa co posicionamento que sexa”, comentou.

En base a este modelo de xogo, o plantel desexa “sacar a mellor versión na casa”, xa que cada vez é máis difícil lograr os tres puntos. Por iso, o corpo técnico ten como meta que o equipo “vaia a máis, dando mostras de crecemento e chegando á recta final do campionato en plena forma”.

Así, esta semana o equipo tivo dúas xornadas de descanso para recuperar efectivos, malia que para o domingo, en principio, non poderá contar cun Lorenzo que levou un golpe entre semana. Será, deste xeito, un dos cambios que realice o adestrador, unha premisa que manteñen para que “todo o mundo colla o nivel competitivo”.

Os que finalmente sexan da partida sairán ao 100% para que os puntos queden na casa, sabendo da importancia de lograr catro vitorias seguidas. Cun equipo que cada vez da máis mostras de madurez, Yago e os seus mozos agardan darlle unha nova alegría aos afeccionados que se acheguen ao Vero Boquete de San Lázaro.

REY_8253

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🧐 Preparados para mañá!💪🏟️ Concentrados e mentalizados para sumar de 3⃣ no Vao 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.