Información para o derbi contra o Racing de Ferrol

20 de Febreiro de 2019
Imaxe do equipo e a afección no Estadio da Malata.
Imaxe do equipo e a afección no Estadio da Malata.
  • O prezo para abonados será de 5€, gratis para os menores de idade

  • As entradas anticipadas habilitaranse mañá nas oficinas do club a 12€

  • A afección visitante estará situada na bancada de preferencia do Vero Boquete

Santiago de Compostela, a 20 de Febreiro de 2019.

A SD Compostela xogará contra o Racing Club de Ferrol S.A.D., próximo partido como local, o domingo 10 de marzo ás 17.00 horas. O encontro correspondente á xornada 27 de liga do grupo 1 da Terceira División que se xogará no Estadio Vero Boquete de San Lázaro, debido ás circunstancias do mesmo, contará cun dispositivo especial, tanto para a venda de entradas como no relativo á seguridade.

Respecto ás entradas, habilítase a venda das mesmas a partir de mañá 21 de febreiro nas oficinas do club. Todos aqueles interesados poderán pasarse de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, ata o vindeiro venres 8 de marzo, último día para conseguir as vantaxes da compra anticipada. O domingo 10, os afeccionados do Compos contarán coa taquilla habitual e as súas entradas só serán para a bancada de tribuna.

Para este encontro, os abonados e abonadas maiores de idade deberán pagar 5€, tanto por compra anticipada como na taquilla o día de partido. No caso dos adultos, para acceder ao Estadio Vero Boquete deberán presentar tanto a entrada como o seu abono. Pola súa banda, os menores terán a entrada de balde e só deberán ensinar o seu abono na porta de acceso.

Para os non abonados maiores de 18 anos, a entrada anticipada custará 12€, mentres que o día de partido será a 15€. Igualmente, neste caso, os menores de idade tampouco pagarán, polo que só deberán retirar unha invitación, ben nas oficinas do club ou ben na taquilla o propio día do partido.

Información afección visitante

Todos os afeccionados e afeccionadas que viaxen desde Ferrol accederán á bancada de preferencia, polo que o día de partido habilitarase unha taquilla por este lado do campo. O prezo das entradas será o mesmo que o dos non abonados, 12€ anticipada e 15€ en taquilla.

Por último, indicar que o partido non será televisado.

Cartel-vs-Racing-Club-de-Ferrol

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽💙 Este domingo temos unha cita co fútbol galego.En TEN estamos orgullosos de apoiar ao SD Compostela e de formar parte dos proxectos que contribúen a fortalecer o deporte e a vida social da nosa contorna.📅 Domingo, 7 de xuño🕡 18:30 h📍 Estadio Verónica BoqueteMoita sorte!#SDCompostela #fútbolgalego ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.