O Compos non pode co Arousa

3 de Marzo de 2019
Aythami encontra ao porteiro no seu disparo. Foto: Amadeo Rey.
Aythami encontra ao porteiro no seu disparo. Foto: Amadeo Rey.
  • Nun minuto, pasouse dun gol anulado a Aythami ao penalti a favor dos locais

Santiago de Compostela, a 3 de marzo de 2019.

A SD Compostela quedou sen premio na Lomba. As inclemencias climatolóxicas, a fortuna e a defensa numantina local evitaron que os nosos perforasen a portería de Manu Táboas, unha sorte que se tivo o Arousa desde o once metros. Por iso, o tres puntos quedaron en Vilagarcía.

Tras un partido moi igualado, o encontro entre estes dous históricos da Terceira División decidiuse nun minuto. No 73, o árbitro anulou o gol de Aythami, e no 74 decretou como penalti a caída de Trapero na área. Pena máxima que anotou Sylla, pichichi da categoría.

Comezou mellor na Lomba o Arousa. Javi Otero foi o primeiro en probar fortuna, cun disparo desde fóra da área que despexou cos puños Anxo Pérez. Seis minutos máis tarde, o porteiro branquiazul volveu aparecer para sacar baixo a liña o cabezazo de Pablo González. O remate do central desde a área pequena foi sacado dunha maneira felina pola meta e a súa rexeite, que caeu nas botas de Trapero, foi enviado por este á parte exterior do pau.

A pesar desa saída, o Compos foise facendo co dominio do encontro a medida que pasaban os minutos. Afíxose ao campo e ao tempo e comezou a merodear pola área de Manu Táboas. Nunha desas xogadas de ataque, Brais Abelenda encaraba ao porteiro sen oposición, pero Javi Otero trabouno por detrás na frontal. Vermella directa e a falta, executada por Aythami, marchouse lambendo a madeira da portaría local.

Os branquiazuis tentábano coa posesión, mentres o Arousa acazapábase en busca dun contraataque. Aínda que antes do intermedio esa inferioridade non se frutificou con ocasións claras, á volta do mesmo a situación cambiou por completo.

Primeiro, Mon probou fortuna desde a frontal, pero atrapou Manu Táboas. Despois, un despexe do porteiro a centro de Brais Abelenda, foi rematado de cabeza por Santi, pero un defensa sacouno na liña. E para terminar, outro centro chute do dianteiro lucense foise ao traveseiro cando xa se presaxiaba o gol.

Esa diana chegou, no 72, pero o colexiado anulouno por fóra de xogo. Aythami recibiu a asistencia de Santi, a instancias do linier, en posición ilegal, polo que o tanto do canario non subiu ao marcador.

E mentres tanto, un minuto máis tarde, o colexiado decidiu sinalar o punto do once metros cando Trapero caeu na área. O central foise ao chan nunha xogada un tanto polémica, pero o árbitro non o dubidou e Sylla, pichichi da categoría, non fallou desde a pena máxima.

De aí ao final, o partido foi un querer e non poder. Os nosos tentárono de todas as maneiras posibles, pero non era o día. A máis clara, un man a man de Aythami contra Manu Táboas, volveuno a sacar o porteiro.

Así se acabaría o partido. O Compos tentouno todo, pero a pelota non acabou entrando. O tres puntos quedaron en Vilagarcía, polo que os branquiazuis perderon a imbatibilidade nesta segunda volta. A próximo semana, ante o Racing de Ferrol, tentaremos cambiar a fortuna no Tourmalet.

FICHA TÉCNICA:

1- Arosa SC: Manu Táboas; Pacheco, Trapero, Pablo González, Carlos Torrado; Iago Martínez Chiqui (Quique Cubas, m.82; Javi Otero, Luís García (Mou, m.76), Julio Rey (Suso, m.79); e Sylla.

0- SD Compostela: Anxo Pérez; Álvaro Casas, Piscu (Marcos Remeseiro, m.75), David Uña; Miki, Samu, Mon, Álex Ares, Brais Abelenda; Santi (Rubén, m.80) e Aythami.

Goles: 1-0: Sylla, min.74.

Árbitro: Castro Alarcón, colexio pontevedrés. Expulsou con vermella directa (m.28) a Javi Otero. Ademais, amoestou a Pablo González, polos locais; e a Aythami, Álvaro Casas, Brais Abelenda e Piscu, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo sexta xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Campo da Lomba ante 1.300 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Centro de Deportes Barco ⚽️ Previa do noso técnico antes do encontro deste domingo, ás 17:00 horas en Calabagueiros, primeiro da segunda volta#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris amplía o seu contrato ata 2027!🤝 O mediocentro terá ficha de primeiro equipo e portará o dorsal '1⃣6⃣'𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2026/01/22/goris-amplia-contrato-compos-2027/#goris2027 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
2️⃣5️⃣0️⃣ partidos e sumandoO noso capitán, Samu Rodríguez, xa superou os 250 partidos disputados coa camiseta branquiazul, repartidos nas últimas 10 tempadasEste pasado domingo quixemos homenaxealo cunha camiseta conmemorativa, entregada polo seu paiParabéns, Samu! Por moitos máis! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Queremos seguir coa boa dinámica!⚽️ 𝐗𝟏𝟖🆚 Centro de Deportes Barco 🗓️ Domingo, 25 de xaneiro🕔 17:00 horas🏟️ Calabagueiros🎫 12€Este domingo, iniciamos a 2ª volta, no Barco de Valdeorras! 🙌#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comezo da semana con dúas xornadas de descanso🏟️ Os nosos volverán ao traballo o mércores para preparar o inicio da 2ª volta coa visita ao Barco#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.