Segunda montaña seguida asaltada

16 de Marzo de 2019
O equipo aplaudindo aos afeccionados ao final do duelo. Foto: Amadeo Rey.
O equipo aplaudindo aos afeccionados ao final do duelo. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos venceu 0-2 á UD Ourense con goles de Brais Abelenda e Rubén

Santiago de Compostela, a 16 de marzo de 2019.

A SD Compostela segue cumprindo obxectivos. Os branquiazuis fiaron o seu segundo triunfo consecutivo no Tourmalet tras superar 0-2 á UD Ourense, nun encontro no que dominaron ao seu rival de principio a fin. Dous goles nos minutos finais de cada acto, e deixar a portería a cero tras varios meses, permiten aos nosos durmir na segunda posición, ademais de ampliar a distancia co seu rival de hoxe.

Tras avisar en dúas ocasións, Brais Abelenda marcou o primeiro do Compos no 43. E na segunda, á contra, Rubén matou o encontro cun disparo cruzado ao segundo pau.

O Compos tiña outra etapa do Tourmalet nun campo complicado e ante un duro rival, polo que seguindo a dinámica do domingo pasado expuxo desde o inicio un encontro moi serio. Sen concesións atrás, os branquiazuis foron gañando peso a medida que pasaban os minutos. Co esférico e as entradas por banda, os nosos empezaron a merodear a área de Pato, mentres Anxo Pérez era un espectador máis.

Así, a primeira acción de perigo, como non podía ser doutra maneira, tivérona os nosos. Nunha xogada ensaiada de falta, o balón chegou a Naveira  que puxo un centro medido á área. Álvaro Casas non conseguiu empalala, pero o esférico quedou botando para Chechu, con todo, de volea, mandouna desviada.

Vinte minutos despois, e outra vez desde a banda, malia que esta vez pola dereita, rozouse o gol de novo. Miki gañou as costas do seu lateral e puxo o servizo para Josiño, pero o mediapunta enviou arriba coa súa perna dereita.

E á terceira, por fin foi o cántaro á fonte. Josiño picouna na área, gañou o duelo ante o central e puxo a asistencia para a entrada dun Brais Abelenda que definiu cruzado de primeiras. Esta vez, o espazo apareceu polo centro e os nosos non fallaron.

Co subidón antes do intermedio, o Compos recibiu unha lombeirada de cara aos segundos 45 minutos. Seguindo coa súa dinámica, non concederon atrás e tentaron dominar o esférico para acougar as aspiracións locais.

Ante a falta de oportunidades ourensás, Aythami foi o primeiro en avisar cunha manobra na frontal, coa que rompeu ao defensa, pero o seu disparo potente foise arriba.

Con todo, a base de balóns colgados e coa presión dunha bancada que sobordaba, a UD Ourense tentaba inquietar a armazón defensiva. A máis clara, un centro de David González que se foi envelenando, pero non chegou ningún xogador a rematar e escapouse pola liña de fondo.

Cos trocos, os santiagueses gañaron aire e asentados nunha gran defensa, as contras cada vez eran máis perigosas. Marcos Remeseiro, tras asistencias de Miki, tivo dúas, pero na primeira enviouna fóra e na segunda, a pesar de marcar, o gol non subiu ao marcador porque estaba en fóra de xogo.

E outra vez, á terceira foi a vencida. Esta vez, Santi conectou con Samu e este prolongou para Rubén, quen non marrou no man a man con Pato. O extremo cruzou o disparo e o balón entrou pegado ao pau, pechando o triunfo nunha gran tarde.

Co asubío final, o xúbilo apoderouse dos xogadores, do corpo técnico e os numerosos afeccionados que acompañaron ao equipo en Ourense. Eran tres puntos moi importantes e os nosos lévanos para Santiago, fiando ademais dúas vitorias seguidas no Tourmalet. Esta noite, durmimos segundos, ampliamos distancias coa UD Ourense e o quinto, e xa pensamos no duelo do domingo contra o Porriño Industrial.

FICHA TÉCNICA:

0- UD Ourense: Pato; Josu, Corzo, Vieytes, Codeso (David González, m.55); Germán (Fondevila, m.64), Presas, Alfredo, Rubén Durán, Marquitos (Adrián, m.74); e Hugo García.

2- SD Compostela: Anxo Pérez; Sergio Pereira; Álvaro Casas, Chechu, Naveira; Samu, Marcos Remeseiro; Miki, Josiño (Santi, m.77), Brais Abelenda (Rubén, m.77); e Aythami (Piscu, m.87).

Goles: 0-1: Brais Abelenda, min.43; 0-2: Rubén, min.93.

Árbitro: Espasandín Cores, comité coruñés. Amoestou a Codeso, Vieytes, Alfredo e Adrián, polos locais; e a Marcos Remeseiro, Miki, Brais Abelenda e Anxo, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo oitava xornada de liga disputado no Campo do Couto ante 1700 espectadores. Antes do inicio gardouse un minuto de silencio en memoria de Fernando Bouso, ex-adestrador do CD Ourense, coñecido polas súas históricas 30 vitorias en 30 partidos en Terceira División.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
𝐌𝐀𝐓𝐂𝐇𝐃𝐀𝐘 🩵🤍🙌💪 A POLO DERBI!x11 🆚Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo 🕔 17.00🏟️ As Eiroas🎟️ Entradas 👉 15€ (Despacho de Billetes)📺 En Xogo #bergancompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 🆚 @berganfc_escolaslcs📋 @antonpermuy🩵🤍 Lista dos nosos para o derbi de mañá en Carballo ✅️ Volve Pablo Antas ❌️ Quedan fóra por lesión Diego e Hugo Matos; e Giuliano por sanción #bergancompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🏆 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋 #CopaRFEF 🙌 QUEREMOS A COPA!🆚 CD Extremadura🔜 13 de novembro🕗 20.00🏟️ Francisco de la Hera #extremaduracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐑𝐝𝐏 Previa 🆚 Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo 🎥 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧 𝐏𝐞𝐫𝐦𝐮𝐲 | 𝐎𝐜𝐚𝐧̃𝐚 🗣️ Adestrador e xogador analizaron o derbi deste sábado nas Eiroas⚽️ Falaron da recuperación física do equipo, a confianza lograda coas vitorias e apuntaron as claves do partido#bergancompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🏆 XA TEMOS RIVAL PARA A FINAL DA #CopaRFEF⚽️ Medirémonos a próxima semana ao @cdext1924🗓 13 de novembro 🏟 Francisco de la Hera#extremaduracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.