O Cadete A segue a ritmo de récord

18 de Marzo de 2019

Resultados-18-Marzo

  • Triunfos tamén do Infantil B, os dous alevíns e benxamíns e do Prebenxamín B

Santiago de Compostela, a 18 de Marzo de 2019.

O Cadete A de a SD Compostela segue a ritmo de récord. Os branquiazuis sumaron unha nova vitoria e levan xa 79 puntos, cedendo só un empate no que vai de liga. Ao triunfo típico deste conxunto, sumáronse os do Infantil B, ambos alevíns e benxamíns e, por último, o líder Prebenxamín B.

En primeiro lugar, o Zona Vella estivo a piques de romper coa súa dinámica, pero cedeu dous puntos a falta de dez minutos para o final. Ezequiel Fernández adiantou ao filial nos últimos compases do primeiro tempo, pero o Club Lamela igualou no 79, polo que mantén a súa renda na táboa.

Tamén empatou o Xuvenil A, despois de remontar un 0-2 en contra ante o Victoria CF. Os coruñeses levaron o encontro ao seu terreo e parecía que levarían o triunfo, pero Yago Torrente e Jose Claro nivelaron a contenda nun gran rus final. Por contra, o Xuvenil B non tivo tanta sorte e perdeu por 5-1 co Bertamiráns, líder da clasificación. Jaime Taboada anotou o tanto da honra para os santiagueses.

A ritmo de récord e camiño da liga Galega marcha un Cadete A que sumou unha nova vitoria e van vinte e seis. Pablo Otero e Hugo Pérez, no primeiro acto, e Hugo Martínez, Manuel Crespo, Iker Carril, e de novo, Hugo Pérez, no segundo, pecharon o 6-0 final ante o Ulla Pontecesures. Á súa vez, o Cadete B logrou un meritorio empate 1-1, o terceiro da xornada para a base, ante o Victoria FC, primeiro clasificado. Zubo Yang puxo en vantaxe aos nosos, pero os locais responderon cun tanto no último minuto do encontro.

Baixando de categoría, o Infantil A perdeu pola mínima, 0-1, contra o Amio SD polo que segue duodécimo na táboa. Mentres tanto, idéntico resultado, pero ao seu favor, logrouno o Infantil B ante o Cire Melide, co que iguala na liga. Óscar García marcou no minuto 2 e o luminoso xa non se moveu.

En fútbol 8, o Alevín A mantén a súa segunda posición ao superar 2-1 ao Amio SD, mentres que o Alevín B gañou 1-5 ao Victoria FC. Este dobrete estendeuse tamén á seguinte categoría e cos mesmo rivais. O Benxamín A superou ao Amio SD para seguir de líder no seu playoff, mentres que o Benxamín B fixo o propio co Victoria FC.

Por último, o Prebenxamín A caeu ante o Bertamiráns, resultado que contrarresta co triunfo do Prebenxamín B, líder do seu playoff, ante o mesmo rival. E o Biberón, esta vez, caeu ante o Amio, conxunto que o adianta na táboa.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
⏸️ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸️@sd tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.