Dura rampla final do Tourmalet

29 de Marzo de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/_DJPjIgmM10″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos pecha o periplo ligueiro denominado como o mítico porto de montaña visitando ao CD Barco

Santiago de Compostela, a 29 de Marzo de 2019.

A SD Compostela medirá este domingo as súas forzas contra o CD Barco no que supón a última rampla do denominado Tourmalet. Tras tres triunfos consecutivos, os branquiazuis viaxan ao Campo de Calabagueiros para afrontar un duro reto do que aspiran saír vencedores, rompendo así a súa dinámica negativa histórica en Valdeorras.

“Cada ano é distinto. Creo que faremos un bo partido, porque levamos unha dinámica moi boa, sobre todo coas sensacións do equipo, o que nos fai ser optimistas e confiar en que podemos romper a xeira”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Con todo, o corpo técnico e o equipo sabe da dificultade do rival, un conxunto chamado a estar entre os catro primeiros. “A nivel de xogadores é moi forte, sen dúbida están asentados na Terceira e cada tempada aspiran a mellorar a anterior”, sinalou o técnico.

Entre os seus puntos fortes, o adestrador destacou “un bloque con moi boas individualidades e moito potencial de medio campo para arriba, con experiencia en categoría superior e con moito percorrido”. Por esta razón, “se queremos parar a futbolistas veteranos, moitos de fóra de Galicia, e con calidade, como Rubén García ou Ivi Vales, que poden marcar a diferenza, debemos xogar unidos, como afacemos, pensando no grupo e traballando todos xuntos”, remarcou.

A pesar diso, o Barco non está a callar unha boa segunda volta, malia que gañou ao Silva, tras once xornadas, e empatou na última contra o Paiosaco. Con todo, o plantel branquiazul non se fía das dinámicas. “O que máis lle importará é gañar, ademais diante da súa xente, e non creo que pensen na dinámica, polo que esperamos un encontro moi igualado”, comentou Samu.

Para facer fronte a este reto, o Compos chega cargado de moral, con ganas de repetir o gran duelo da primeira volta no que saíu vencedor por 1-0, e cun gran nivel físico. “Estamos ao 100%, mostra de como se traballa e do estado mental, algo que se consegue tendo a todo o mundo enchufado, xa que tódalas semanas facemos rotacións, e iso nótase co paso das xornadas”, analizou Yago.

Esas variantes permiten ao técnico poder elixir o sistema en base ao tipo de xogo que exporán, polo que non dá pistas sobre os que formarán en Calabagueiros. “Temos variantes en base ao que necesitamos e ao chegar a Barco decidiremos por que opción optamos”, reflectiu o adestrador.

Por tanto, sen mirar a outros equipos, e coa motivación de deixar ao quinto clasificado a trece puntos e golaveraje, o Compos espera sumar o seu cuarto triunfo consecutivo. Será unha última rampla moi dura, pero co apoio dos afeccionados que se desprazarán buscarán traerse a vitoria de volta para Santiago e seguir peregrinando en liga.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A pola segunda vitoria consecutiva!⚽️ 𝐗𝟐𝟐🆚 Club Silva SD 🗓️ Domingo, 22 de febreiro🕧 12:30 horas🏟️ Grela 1🎟️ Entrada libreEste domingo, anima aos nosos na Coruña! 🙌#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.