Recorta distancias o xuvenil coa cabeza

25 de Marzo de 2019

Resultados-25-Marzo

  • O seu regreso á senda triunfal permítelle achegarse aos primeiros

Santiago de Compostela, a 25 de Marzo de 2019.

O regreso á senda triunfal do Xuvenil A na matinal do domingo destaca nunha xornada na que só se sumaron tres vitorias e un empate en dez encontros. Ademais dos maiores da base, tamén sumaron tres puntos o Infantil B e o Biberón.

En primeiro lugar, o Zona Vella volveu sumar outro empate, e xa van tres seguidos, na súa visita ao Deixebre. O filial tentouno de todos os modos, pero do mesmo xeito que fai quince días, non foi capaz de derrubar o armazón defensivo rival.

Mellores novas recibiu o Xuvenil A, capaz de vencer lonxe do seu feudo, recuperando sensacións e recortando cos primeiros clasificados. A sete puntos do segundo, a falta doutras tantas xornadas, os nosos soñan cun gran tirón final que os suba na táboa. De momento, a semana preséntase máis positiva despois de superar por 0-2 ao Atlético Arteixo. Aos 25 minutos, os nosos puxéronse en vantaxe mediante un gol en propia porta, a cal ampliarían no 74 por mediación de Juan Amigo.

Chamou a atención en cadetes, a primeira derrota da tempada do A. Os branquiazuis perderon a súa imbatibilidade ao caer 3-0 contra o CD Conxo, terceiro clasificado. Nun partido moi pechado, decidiu o hat trick de Iker nos últimos instantes. Marcou o primeiro no 74 e os outros dous no desconto, cun Compos á desesperada. Con todo, os resultados favorecéronlle, xa que o segundo, o Amio, empatou e mantén oito puntos de renda. Mesma sorte tivo o Cadete B, que tras empatar contra o líder, perdeu por 0-2 contra o Xuventude Oroso, nun encontro decidido no cuarto de hora final.

En infantís, foi unha fin de semana cargada de goles. Por unha banda, o Infantil A perdeu na súa visita ao CD Conxo por 6-3, sendo Yago Lois, Álvaro Espasandín e Antonio Otero os goleadores. Polo outro, o Infantil B ascendeu á cuarta posición ao superar ao EF Boquixón, o seu inmediato perseguidor, 4-5. Valentino Becerra e Jorge Vázquez, con senllos dobretes, e Anxo Olveira, fixeron posible a remontada no campo do Forte.

En fútbol 8, a xornada acurtada, con tan só tres partidos, non tivo uns resultados favorables, xa que o Alevín A caeu contra o Arzúa por 1-5, o Alevín B 0-3 ante o Peleteiro e o Benxamín B na visita do Bertamiráns, conxunto que se proclamou campión de liga neste duelo.

Por último, o Biberón de Fútbol sala, a falta de que debute o de fútbol 8, gañou no seu partido contra o Calo e marcha segundo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 90 minutos por diante para acadar o obxectivo🫂 Este domingo, co voso apoio, desde Badalona, Compostela ou desde as vosas casas, a polo ascenso🆚 CF Badalona ⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 21/06🕧 12:30 horas🏟️ Municipal de Badalona#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos da un importante paso na finalísima, coa axuda de todos, tras gañar 3⃣-0⃣ na casa 💪 Valeron os goles de Valín, Antón Guisande e Charly🔜 Quedan 90 minutos en Badalona para defender a renda 👉 sdcompostela.com/gl/2026/06/14/compos-3-0-badalona-finalisima/📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, hoxe no banco pola sanción a Secho, analizou na sala de prensa o bo resultado, 3⃣-0⃣, na ida desta final nacional polo ascenso#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ CF Badalona⚽️ Valín, Antón Guisande e CharlyQUEDAN 90 MINUTOS!!! 🩵🤍SEGUIMOS PASO A PASO A POLO OBXECTIVO 💪💪GRAZAS A TODOS, UNHA VEZ MÁIS, POR ESTE AMBIENTAZO!!! SEGUIMOS TODOS XUNTOS!!! 🫂📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.