Festival de Aythami nun triunfo para seguir soñando

24 de Marzo de 2019
Celebración do Compos nun dos goles nun partido patrocinado por Celso Muígez. Foto: Amadeo Rey.
Celebración do Compos nun dos goles nun partido patrocinado por Celso Muígez. Foto: Amadeo Rey.
  • Un póker de goles do canario e o tanto inaugural de Rubén selaron a terceira vitoria consecutiva

Santiago de Compostela, a 24 de marzo de 2019.

A SD Compostela segue de doce e sumou o seu terceiro triunfo consecutivo, o segundo coa portería a cero, para seguir soñando con todo nesta liga. Os branquiazuis dominaron ao seu rival de principio a fin e levaron o tres puntos dun Vero Boquete que vibrou coa gran imaxe mostrada polos seus durante os 90 minutos, en especial, a do pichichi Aythami.

Tras vinte minutos de asedio, Rubén abriu o marcador cun disparo entrando desde atrás, primeiro gol antes do festival do dianteiro, quen anotou un dobrete no primeiro acto, minutos 25 e 37, e outro no segundo, 56 e 90.

Non quería Yago relaxacións e o plantel tomou a premisa ao pé da letra. O Compos saltou ao Vero Boquete a por todas, sen pensar na posición da táboa de cada un, e buscando sen cesar a terceira vitoria consecutiva.

O encontro, desde o asubío inicial, foi un monólogo da escuadra local ante un Porriño acazapado atrás. Esa posición tan atrasada complicaba a chegada á área dos nosos, que tocaban sen oposición en zona de tres cuartos, pero que non acertaban no último pase.

Con todo, era cuestión de minutos que acabase chegando o primeiro gol e este materializouse aos vinte. Tras un roubo en zona ofensiva, o equipo saíu en velocidade e Josiño, caéndose, atopou a Rubén, quen entrando desde atrás definiu con potencia ao fondo da rede.

O tanto animou aínda máis a un Compos que empezou a atopar as cóxegas do rival. Con máis espazos, as accións eran cada vez de máis perigo e estes foron aproveitados por un Aythami que con dúas poutadas, puxo ao equipo cunha clara vantaxe ao descanso.

Primeiro, no 25, recolleu un centro desde a banda esquerda, regateou ao porteiro co control e empuxouna a portería baleira. E despois, no 37, controlou na frontal a asistencia de Rubén e puxo o esférico na escuadra, lonxe da estirada de Miguel, quen non tivo opción a parala.

Antes do intermedio, Sergio Pereira e Chechu, con dous remates que se marcharon por moi pouco, tiveron o cuarto, pero este quedaría para a segunda metade.

Á volta do intermedio, Saro daría o primeiro aviso, no 48, cun tiro demasiado cruzado no man a man, pero ao segundo, chegou a cuarta diana, de novo coa firma do dianteiro canario. Álex Ares rouboulle a pelota ao central, regateou a Miguel e, a pesar de poder marcar, foi moi xeneroso e deulle o pase da morte para que Aythami marcase a pracer o seu décimo sexto tanto do curso.

A pesar da vantaxe, os nosos non se relaxaron e seguiron asexando a área rival, malia que con menos acerto. Álex Ares, cun intento de picada, ou Aythami, cunha tesoira, atopáronse cos reflexos do meta visitante, mentres que, no lado contrario, Carlos estrelou o seu disparo desde a frontal no pau, na única acción de perigo para o Porriño no partido.

Os últimos minutos xa se xogaban cunha marcha menos, pero aínda habería tempo para pechar a conta goleadora local. Santi non aproveitou o pase da morte de Mon, enviando arriba coa zurda cando tiña todo ao seu favor, pero si que o fixo Aythami, nunha xogada idéntica.

O dianteiro canario pechou o póker de goles empuxando o balón ao fondo da rede e certificando o seu décimo sétimo tanto da tempada. Sen dúbida, esta será unha tarde que nunca esquecerá.

Co 5-0 chegouse ao final, celebrando así o Compos o seu terceiro triunfo consecutivo, o cal lle permite colocarse a un só punto do liderado. O equipo segue de doce no Tourmalet, métese na pelexa por todo, e xa pensa na próxima xornada contra o Barco.

FICHA TÉCNICA:

5- SD Compostela: Anxo Pérez; Saro, Álvaro Casas, Chechu, Sergio Pereira; Samu, Marcos Remeseiro; Miki (Mon, m.73), Josiño (Santi, m.60), Rubén (Álex Ares, m.41); e Aythami.

0- Porriño Industrial CF: Miguel; Miki, Alberto, Areal, Portas; Rocha, Edu; Tubo (Richi, m.46), Claudio (Carlos, m.68), Aarón (Benja, m.58); e Leandro.

Goles: 1-0: Rubén, min.20; 2-0: Aythami, min.25; 3-0: Aythami, min.37; 4-0: Aythami, min.56; 5-0: Aythami, min.90.

Árbitro: Del Río Amor, comité coruñés. Amoestou a Sergio Pereira, polos locais; e a Areal e Leandro, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo novena xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Estadio Vero Boquete de San Lázaro ante 650 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🙌🫂 Esta tarde, entra con tempo ao Estadio para evitar colas e apoia aos nosos desde o primeiro minuto!!!Apertura do Despacho de Billetes e de Portas: 17:15 horasAcceso: Tribuna - 2 e 16 | Preferencia - 9 (dobre apertura)💪🩵🤍 A remontada comeza na bancada!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🤝 TEN - Tratamientos Ecológicos del Noroeste 🩵🤍✅ O transcendental duelo de play off desta tarde no Vero Boquete está patrocinado pola empresa ambiental🙌 No seu compromiso co territorio, apoio o noso proxecto e patrocina aos nosos porteiros🫂 Moitas grazas por estar aí!!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Coa vosa forza, a pola remontada na nosa casa!!!🆚 @Atlético Arteixo 🕡 18:30 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🫂 O Vero Boquete ten que ser un fortín!!🙌 TODOS XUNTOS DESDE O INICIO!!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.