Recta final con seis vitorias

1 de Abril de 2019

Resultados-1-Abril

  • Os equipos da base enfilan as últimas xornadas con varias opcións de ascenso

Santiago de Compostela, a 1 de Abril de 2019.

As categorías inferiores da SD Compostela enfilan xa a recta final das súas respectivas competicións con algunha opción de ascenso. Nesta última xornada, os conxuntos branquiazuis sumaron seis vitorias e un empate como resultados positivos. O Xuvenil A e o Cadete A, en postos de promoción, o Infantil A, o Alevín A, que asegurou a segunda praza no playoff, e o Alevín B e o Prebenxamín B, matemático gañador da súa liguiña da segunda fase, foron os triunfadores dunha fin de semana na que volveu igualar o Zona Vella.

Precisamente, o filial branquiazul sumou un novo empate, o cuarto consecutivo, tras igualar 1-1 na visita do Santa Cruz de Montaos. Os visitantes puxéronse por diante na recta final do primeiro acto, pero o Zona Vella nivelou a contenda á saída dos vestiarios mercé ao tanto de Óscar Juanes.

Tamén fiou resultados, neste caso triunfos, un Xuvenil A que marcha quinto, en posición de promoción de ascenso, e que mantén o pulso cos rivais que o preceden na táboa. Esta vez, os branquiazuis volveron sumar tres puntos, tras derrotar 1-0 ao Ural CF, grazas a manter a portería a cero. Un tanto de Manel Macías, no minuto 84, decidiu un encontro entre dous rivais moi parellos. Por contra, o Xuvenil B non puido volver do seu descanso do mesmo xeito, xa que caeu por 2-1 contra o Amio. Raúl García puxo en vantaxe aos nosos aos seis minutos, pero os locais remontaron cun tanto ao final do primeiro período e outro á metade do segundo.

Segue de líder destacado, á espera da fase de promoción de ascenso, un Cadete A que regresou á senda do triunfo cun claro 4-1 ante o CD Unión. Jaime Álvarez, por dúas veces, Manu Crespo e Iker Carril foron os artífices da enésima vitoria do conxunto máis destacado da base.

Emulando ao xuvenil, o Infantil A volveu sumar de tres, tras varias semanas sen facelo, ao superar por 1-0 ao Dubra. Antonio Otero, no desconto da segunda metade, provocou a alegría dos nosos, que ademais ascenden un posto na táboa. Peor sorte correu o Infantil B ao caer por 1-3 ante o La Salle, conxunto que lle recorta distancia na táboa, na que marcha cuarto. Valentino Becerra foi o goleador local.

En fútbol oito, o Alevín A asegurou xa a segunda posición no playoff de descenso, o que lle asegura manterse un ano máis en primeira autonómica. Os pequenos fixérono tras gañar 1-3 ao Dubra, terceiro clasificado. Ao mesmo tempo, o Alevín B mantén a cuarta posición en Terceira despois de gañar 0-4 ao Atlético Fátima, o seu inmediato perseguidor.

Baixando de idade, o Benxamín B caeu ao ED Xuventude Oroso, mesma fortuna que atoparon tanto o Prebenxamín A, contra a AD Nicrariense, e o Biberón de Fútbol 8, ante o Villestro SD. Na outra cara da moeda, o Prebenxamín B asegurou o primeiro posto da súa liguiña na segunda fase da competición ao superar ao Villestro, mantendo así a súa imbatibilidade a falta dunha xornada para o final.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Parapar está de volta!🤝 O extremo coruñés regresa ao Compos para ser un puñal pola banda do Vero Boquete e acadar o ascenso𝐏𝐚𝐫𝐚𝐩𝐚𝐫 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/17/parapar-maxia-fichaxe-sd-compostela/#benvidoparapar ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚Manu Barreiro non continuará na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo teu compromiso e traballo, Manu; e moita sorte para o teu futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Rodríguez, polivalencia, xuventude e talento para a liña defensiva do Compos🤝 O defensa, que pode actuar como lateral ou central, ocupa ficha sub23 e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐑𝐨𝐝𝐫𝐢𝐠𝐮𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/16/diego-rodriguez-fichaxe-compos/#benvidodiegorodríguez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ 𝐏𝐑𝐄𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 🔥▶️ Os nosos comezarán os adestramentos o próximo luns 21 de xullo⚽️🕙 A primeira sesión será ás 10.00 horas no San Lázaro II🏟️🙌 Recorda que o mércores 23 xa teremos o primeiro amigable, no Vero Boquete, ante o Real Club Deportivo de La Coruña 📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🎟️ MERCA a túa entrada ou accede co teu abono a este gran encontro na nosa casa📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.