Recuperar sensacións en plenas festas

5 de Abril de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/JSfOyG4dzAk” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • A SD Compostela espera volver sumar de tres no derbi comarcal contra o CD Boiro

Santiago de Compostela, a 5 de Abril de 2019.

A SD Compostela regresa ao seu fortín do Vero Boquete de San Lázaro para afrontar o derbi comarcal contra o CD Boiro, un encontro que coincide no tempo coas celebracións da Festa da Uña. Será unha gran fin de semana no barrio, o cal espera pechar o Compos con tres novos puntos que aperten aínda máis o liderado da clasificación.

“É un encontro similar ao de fai quince días, un conxunto que se está xogando moito, con opcións reais de saír dos postos de descenso. Ademais, sabendo que vén de puntuar e que na ida custounos tamén moitísimo, temos que poñer as orellas de punta”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Outro dos aspectos para ter en conta o domingo será o cambio de adestrador visitante, despois da fichaxe de Luís Santiago. “Sempre que hai un cambio no banco, existe unha motivación maior, xa que os que non tiñan continuidade buscan gañarse o posto, mentres que os outros queren defender o seu”, resaltou.

Por ese motivo, eses estímulos son os que máis preocupan a un Yago que coñece ben a parte importante do seu plantel, debido á proximidade da súa residencia, polo que destaca a unha base moi boa, pero ao que a situación clasificatoria está a afectarlle. “Por nomes, teñen unha mestura de veteranos, con experiencia na categoría ou superiores, como Changui, Anxo, Paco ou Cardeñosa; e despois mozos de calidade e con dinamismo, que se queren dar a coñecer, como o caso de Ube ou Fran”, analizou.

Sobre o escenario do Vero Boquete, o cal sempre motiva aos xogadores, o corpo técnico branquiazul avoga por “saír moi concentrados, con moito ritmo e sen deixar que o rival teña a posibilidade de meterse no duelo”.

Nel, o Compos non poderá contar con Rubén, “que podería chegar, pero co que non queremos forzar”, Alberto Freire e Samu, quen sentiu unha picada no recto entre semana. Si será da partida un Marcos Remeseiro que se enfrontará ao seu ex-equipo. “É unha semana especial, porque lembro unha gran imaxe de xente de alí, pero hai que sacar os tres puntos como as demais semanas”, reflectiu o mediocentro.

Con todo, as baixas non impedirán ao corpo técnico seguir apostando pola idea das rotacións. “Facémolo pensando en ter a todo o mundo enchufado e para refrescar á xente para a recta final de tempada”, comentou o técnico santiagués.

Os que finalmente sexan da partida buscarán, unha semana máis, manter o fortín inexpugnable. O barrio de San Lázaro comeza mañá a festa e o Compos quere continuala a tarde do domingo no Vero Boquete. Co apoio da bancada neste derbi comarcal, os nosos loitarán por tres novos puntos que aperten máis o liderado.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ O primeiro derbi da tempada🙌🩵🤍 Oportunidade para repoñerse e volver conseguir unha vitoria na Liga𝐗𝟔🆚 CORUXO F.C. 🗓️ Domingo, 11/10🕔 17:00 horas🏟️ O Vao🎟️ 15€ Xeral | Gratis Menores de 14 anos📺 En Xogo #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Recargar pilas, recuperarse mentalmente e volta ao traballo para o primeiro derbi da tempada#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 CRÓNICAO Compos cae pola mínima en San Lázaro⚽️ Os nosos dispuxeron de boas ocasións para adiantarse no marcador, pero a falta de acerto permitiu ao Oviedo Vetusta levar os tres puntos📸 Ignacio Castaño Gómez#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composoviedovetustaO técnico do Compos analizou en sala de prensa a derrota na casa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 1️⃣-2️⃣ Real Oviedo Cantera⚽️ Buba📸 Ignacio Castaño Gómez#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.