Triunfos claros dos equipos de fútbol once

15 de Abril de 2019

Resultados-15-Abril

  • O Benxamín A e o Prebenxamín B acaban de primeiros os seus playoffs

Santiago de Compostela a 15 de abril de 2019.

A xornada das categorías inferiores da SD Compostela deixou un total de cinco triunfos, catro nos equipos de fútbol 11, e un máis do invicto Prebenxamín B. Este último, xunto ao Benxamín A, que empatou ante as Escolas Deportivas de Vedra, acaban os seus respectivos playoff no primeiro posto.

En primeiro lugar, o Zona Vella perdeu por segunda semana consecutiva, esta vez, por 2-0 na súa visita ao Cruces. Os locais marcaron ambos tantos de maneira consecutiva na última media hora, imposibilitando calquera reacción do filial.

Na base, o Xuvenil B conquistou unha clara vitoria (3-7) na súa visita ao Unión. Os branquiazuis seguen oitavos, malia que con opcións de entrar na promoción de ascenso, logo de lograr os tres puntos co hat trick de Marcos Andrade, o dobrete de Raúl García e os goles de Diego Montes e Diego López.

Un novo dobrete dos cadetes ampliou a boa dinámica de ambos conxuntos. O A, que segue de líder e restando semanas para proclamarse campión, superou ao EF Lalín por 4-0. Uxío Figueroa, Anxo Ferro, Andel Laranga e Hugo Pérez marcaron os tantos do dominador equipo branquiazul. Pola súa banda, o B conseguiu unha gran vitoria por 1-5 na súa visita ao Cruces e subiu ao quinto posto da táboa. Alejandro Parga abriu o marcador, Antón López ampliou distancias co seu dobrete, mentres que Zubo Yang e Iago Fernández pecharon a goleada nos últimos instantes.

Tamén cultivou un importante triunfo o Infantil A, capaz de superar ao Cordeiro por 3-0. Os branquiazuis ascenden na clasificación mercé a un gran partido no que Alejandro Suárez abriu a conta goleadora no primeiro minuto, pechada por Rubén Sande na segunda cun dobrete. Con menos sorte debutou o Alevín no fútbol 11, xa que caeu pola mínima (2-3) contra o Victoria FC.

En fútbol 8, o Benxamín A empatou ante as Escolas Deportivas de Vedra, asegurando a falta dunha cita o liderado do playoff de descenso. Mentres tanto, o Prebenxamín A pechou a segunda fase da liga con derrota ante o Amio, contrastando co triunfo do Prebenxamín B, que acabou como primeiro e con pleno de 30 puntos.

Por último, o Biberón de Fútbol sala empatou co Calo na ida dos oitavos de Copa, mentres que o de Fútbol 8 perdeu contra o Conxo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Desfrutade desta gran noite que quedou tras este gran +3⃣ na nosa casa 😍 #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composastorgaO técnico do Compos valorou o importante triunfo na casa e destacou as grandes sensacións mostradas e o fútbol de ataque do equipo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 4️⃣-1️⃣ @AtleticoAstorga⚽️⚽️ Dani González ⚽️ Buba | Unai PeónPARTIDAZO E OS TRES PUNTOS QUEDAN NA CASA 🩵🤍UNHA VITORIA MERECIDA E QUE DESFRUTAMOS XUNTOS 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 3️⃣-0️⃣ Atletico Astorga ⚽️ Buba | Unai Peón | Dani GonzálezQUE GRAN PRIMEIRA METADE DOS NOSOS! 🔥📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU COMPOS 🆚️ Atletico Astorga 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.