O IV Campus de Verán do Compos será nas Cancelas do 24 ao 28 de xuño

14 de Maio de 2019

Presentación Campus 2 2 1

  • Para nenas e nenos de 4 a 18 anos, terá xornada partida e o prazo de inscrición está aberto ata o próximo 12 de xuño

Santiago de Compostela, a 14 de Maio de 2018.

O Campo Municipal das Cancelas vivirá, do luns 24 ao venres 28 de xuño, a cuarta edición do Campus de Verán do Compos. Pensado para nenos e nenas con idades entre os 4 e os 18 anos, a cita, que mantén o seu horario de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, permite aos interesados apuntarse en réxime de medio día ou xornada completa, ademais de contar co servizo de madrugadores e coa comida, esta última cun suplemento a maiores.

Co obxectivo de roldar os cen inscritos, a actividade estará impartida por monitores profesionais, entre os que se atoparán técnicos da base do club. Todos eles farán máis amena a semana para os pequenos, agrupándoos por idades e niveis e destacando a presenza dun adestrador de porteiros.

A maiores da mellora técnica e táctica, os pequenos traballarán os valores positivos e bos modos que viran ao redor da práctica do fútbol. Haberá tempo para os xogos co balón, pero tamén outros momentos de convivencia, como os xantares e as merendas, así como unha visita guiada polas instalacións do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro e, se o tempo acompaña, unha festa final con inchables de auga.

O prazo de inscrición está aberto xa desde mañá (15 de maio) e ata o vindeiro mércores 12 de xuño. Os interesados poderán apuntarse nas oficinas do club, completando o díptico que alí atoparán, de luns a venres das 10.00 ás 13.00 e das 16.00 ás 20.00 horas. Para máis información, o club tamén habilita o mail sdcompostela@sdcompostela.com ou o teléfono 981 57 70 41.

Os prezos son de 70€ para os xogadores da canteira da SD Compostela, 75€ os irmáns ou irmás de inscritos ou inscritas, 80€ a media xornada, 105€ para abonados ou abonadas ou fillos e fillas de abonad@s e 120€ a cota xeral. O suplemento da comida é de 35€ e esta farase, unha vez máis, na Cafetería Lois, no Centro Comercial As Cancelas.

O acto de presentación do evento foi esta mesma mañá na sala de trofeos do club coa presenza de Javier Puñal, director de marketing e desenvolvemento da entidade do club, e Víctor Pazos, coordinador da base.

É unha honra e prestixio sumar unha nova edición do Campus, coa que pretendemos seguir potenciando o noso plan de canteira e de cidade. Os nenos e nenas pasarán unha semana moi amena na que recibirán tódolos días a visita de diferentes persoas relacionadas co deporte, xa sexan directivos, árbitros, adestradores ou futbolistas”, detallou Puñal.

Pola súa banda, o encargado de dirixir a canteira branquiazul destacou a importancia de que pais e nais poidan conciliar a vida familiar e laboral na última semana de xuño, xusto a seguinte ao remate das clases. “Trátase dunha iniciativa que lle dá continuidade ao traballo realizado durante a tempada e tamén unha oportunidade de que coñezan o noso club, o noso proxecto de canteira, que se familiaricen con el e que o desfruten”, explicou.

Por último, Puñal agradeceu tamén o apoio das diferentes empresas e entidades colaboradoras, que fixeron posible esta nova edición: Concello de Santiago, Gadis, Kia Compostela Concesionario, Halé Shop, Lambonadas, Gráficas Alonso, Armesa SL, Cervexaría Lois, Errea Sport, Aguas de Sousas e Deputación da Coruña.

Cartel IV Campus de Verán SD_page-0001

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 90 minutos por diante para acadar o obxectivo🫂 Este domingo, co voso apoio, desde Badalona, Compostela ou desde as vosas casas, a polo ascenso🆚 CF Badalona ⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 21/06🕧 12:30 horas🏟️ Municipal de Badalona#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos da un importante paso na finalísima, coa axuda de todos, tras gañar 3⃣-0⃣ na casa 💪 Valeron os goles de Valín, Antón Guisande e Charly🔜 Quedan 90 minutos en Badalona para defender a renda 👉 sdcompostela.com/gl/2026/06/14/compos-3-0-badalona-finalisima/📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, hoxe no banco pola sanción a Secho, analizou na sala de prensa o bo resultado, 3⃣-0⃣, na ida desta final nacional polo ascenso#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ CF Badalona⚽️ Valín, Antón Guisande e CharlyQUEDAN 90 MINUTOS!!! 🩵🤍SEGUIMOS PASO A PASO A POLO OBXECTIVO 💪💪GRAZAS A TODOS, UNHA VEZ MÁIS, POR ESTE AMBIENTAZO!!! SEGUIMOS TODOS XUNTOS!!! 🫂📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.