Despedida da liga no Couto

17 de Maio de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/Aw28pi7CJZc” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos mídese este domingo a un Ourense CF en refacho antes de comezar o playoff

Santiago de Compostela, a 17 de Maio de 2019.

A SD Compostela despide este domingo a liga no Estadio do Couto ante un Ourense CF en refacho, con oito triunfos consecutivos, como previa ao comezo do playoff de ascenso. Co obxectivo cumprido, os santiagueses viaxan coa mentalidade de acabar coas mellores sensacións posibles.

“Por potencial, nomes de xogadores ou terreo de xogo pode ser algo moi similar ao que nos pode tocar por España adiante, cun ritmo que se pode parecer ao que nos toca vivir a partir da semana que vén, polo que será un duelo de altos voos e moi difícil”, destacou Yago Iglesias na rolda de prensa.

O corpo técnico ten moi presente o vivido na primeira volta, na que os ourensáns sorprenderon aos nosos no Vero Boquete. “É un equipo chamado a estar no playoff e que ten moi bos futbolistas, con pasado en categoría superior ou aquí, ademais de xente de fóra como Renan”, analizou o técnico.

Por iso, os branquiazuis teñen claro o que se atoparán nesta última cita e como deben afrontala. “A idea é acabar o campionato regular con boas sensacións, probando cousas novas para o que queremos na promoción, pero hai que tomalo como a previa a unha competición totalmente distinta, na que cambia o formato e o rival”, concluíu o adestrador santiagués.

Incidindo neste cambio, no que un mal día mándate a casa, Anxo Pérez recalcou a importancia de estar concentrados. “Queremos centrarnos neste duelo para ir con bo sabor de boca, demostrar que somos competitivos fóra e que as sensacións sexan boas”, comentou.

O porteiro, que compite por un posto con Lorenzo, adiantou que co seu estilo de xogo o Compos pode completar o soño do ascenso. Afróntano con moita ilusión, con ganas de que chegue, pero sabendo que “debemos ser competitivos, agresivos, porque hai puntos que se nos escaparon ao final cando mereciamos máis”, finalizou.

Así, sabendo a esixencia do rival e como boa proba de fogo, o Compos quere acabar da mellor maneira posible. Será lonxe da casa, pero os nosos teñen a esperanza de seguir sumando vitorias consecutivas nesta recta final da liga.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 PARTIDO PATROCINADO🐟🍏🥩 O Mercado de Abastos de Santiago patrocina hoxe o #composastorga💚 Con motivo do patrocinio da Praza, esta tarde xogaremos coa nosa segunda equipaciónImos!! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Atletico Astorga 🏟️ Vero Boquete🕔 17:00 horas🎟️ Entradas Online nas Historias Destacadas📺 En Xogo 🙌 A seguir coas boas sensacións!#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Atletico Astorga 👉 Os nosos para a cita de mañá na nosa casa! Recupéranse Edu González e Álex Gil#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 PREVIAO Compos recibe ao Atletico Astorga F.C. en busca do seu segundo triunfo consecutivo🗓️ Os nosos xogarán o sábado ás 17 horas co obxectivo de consolidar as boas sensacións obtidas no Vao📸 Ignacio Castaño Gómez#composatléticoastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso capitán, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨Moitos parabéns, Crespo!!A celebralo mañá cunha vitoria e que veña acompañado de moitos éxitos 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.