Samu, outro dos capitáns que se suma ao camiño

5 de Xuño de 2019

Renovación-Samu

  • O mediocentro amplía un ano máis o seu contrato e cumprirá a súa cuarta tempada

Santiago de Compostela, a 5 de Xuño de 2019.

Samu Rodríguez Noya cumprirá a súa cuarta tempada no proxecto da SD Compostela. O mediocentro de Bembibre, un dos capitáns do plantel neste último curso, súmase ao camiño do club á Segunda B, renovando o seu contrato por un ano máis.

Aos seus 24 anos, Samu asentouse na Terceira División galega, con máis de cen encontros na categoría, sempre da man de Yago Iglesias. O técnico tróuxoo consigo da súa etapa no Noia e seguiu apostando por el no Compos, onde ocupou un papel moi importante no esquema branquiazul.

Na súa etapa en Santiago, superou os 2.000 minutos nos dous últimos cursos, nos que tamén xogou de titular nos playoff. Ata o momento, acumula 82 encontros coa casaca compostelanista en partidos oficiais, nos que ademais logrou seis goles.

Con este segundo peregrino, o club segue coa súa aposta polo talento mozo, de Santiago e comarca e con proxección no fútbol, algo que poderá seguir demostrando Samu sobre o céspede do Vero Boquete de San Lázaro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso capitán, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨Moitos parabéns, Crespo!!A celebralo mañá cunha vitoria e que veña acompañado de moitos éxitos 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🧐 Este sábado, de volta na nosa casa!💪🏟️ Preparados para darvos unha alegríaTodos xuntos! 🫂📸 Nacho Castaño#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 7🩵🤍 O adestrador compostelanista valorou o ánimo do equipo trala vitoria, comentou os xogadores que recupera e apuntou os aspectos fundamentais para darlle unha alegría á afección este sábado#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 8🆚 UD Llanera 🗓️ Sábado, 24/10🕔 17:00 horas🏟️ Pepe Quimarán#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Regresamos á nosa casa este sábado e queremos a vitoria 💪🩵🤍🤝 Partido patrocinado polo Mercado de Abastos de Santiago🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na web#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.