Jorge Queiruga formará parte do primeiro equipo

6 de Xuño de 2019

Regresa-Jorge-Queiruga

  • O central, cedido no Pobra esta tempada, buscará a súa oportunidade no proxecto

Santiago de Compostela, a 6 de Xuño de 2019.

Jorge Queiruga Castro é o claro exemplo de que a canteira da SD Compostela acaba dando os seus froitos. O central santiagués, aos seus 19 anos, contará cun oco no plantel da tempada 2019/20 no seu primeiro ano como sénior despois de xogar o último de xuvenís como cedido no Pobra FC, de Preferente Norte, a tempada pasada.

Despois de renovar o seu contrato co club branquiazul por tres tempadas, o defensa marchouse a coller experiencia en categorías superiores no conxunto do Barbanza. A pesar da súa mocidade, Queiruga demostrou o seu enorme talento ao ser unha peza chave dentro do equipo, sendo vital a súa presenza no centro da zaga para que acabasen logrando unha meritoria permanencia, acabando en décimo terceiro lugar, sen depender de ascensos nin de descensos. En total, este curso disputou 34 encontros, todos eles menos dous saíndo de inicio, para un cómputo global de máis de 2.800 minutos.

Anteriormente, tras regresar do Deportivo, no que estivo en idade cadete, o canteirán disputou os seus dous primeiros anos de xuvenís no Compos, alternando as súas actuacións co conxunto da base cos adestramentos do primeiro equipo. Así, deste xeito, tras disputar varias pretempadas cos membros do primeiro plantel, sendo utilizado por Yago Iglesias en partidos amigables e torneos, esta tempada chégalle a oportunidade de demostrar as súas calidades como membro de pleno dereito do club.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.