Mon, un líder que segue no proxecto

15 de Xuño de 2019

Mon-Renovación

  • O capitán renova por un ano e sumará a súa sexta tempada no club

Santiago de Compostela, a 15 de Xuño de 2019.

O primeiro capitán da SD Compostela seguirá un ano máis no proxecto branquiazul e xa serán seis tempadas. Mon Vives González amplía o seu contrato co club ata o próximo verán, coa intención de liderar ao grupo no camiño á Segunda B.

Aos seus 24 anos, Mon converteuse nunha das pezas máis importantes do Compos. Quedou tralo descenso, e desde aquela foi un fixo nas aliñacións de Yago Iglesias durante o curso, superando con moita folgura os 2.000 minutos de xogo en cada unha delas, demostrando as súas capacidades físicas, defensivas, de creación de xogo e goleadoras, cunha gran habilidade para o lanzamento de faltas e para os córneres.

Ata o momento, o mediocentro leva un total de 134 encontros oficiais coa elástica branquiazul, cento once deles nos últimos tres cursos, con 33, 40 e 38 partidos, respectivamente. Deses, 83 foron saíndo desde o inicio e neles puido celebrar un total de dez goles, catro o primeiro e tres os dous seguintes.

Con esta renovación, o Compos da tempada 2019/20 xa conta con sete xogadores, dos que tres foron os capitáns a tempada pasada. Así, seguirán, ata agora, Álvaro Casas, Samu, Saro, Jorge Queiruga, Álvaro Naveira e Alberto Freire.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🙌🫂 Esta tarde, entra con tempo ao Estadio para evitar colas e apoia aos nosos desde o primeiro minuto!!!Apertura do Despacho de Billetes e de Portas: 17:15 horasAcceso: Tribuna - 2 e 16 | Preferencia - 9 (dobre apertura)💪🩵🤍 A remontada comeza na bancada!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🤝 TEN - Tratamientos Ecológicos del Noroeste 🩵🤍✅ O transcendental duelo de play off desta tarde no Vero Boquete está patrocinado pola empresa ambiental🙌 No seu compromiso co territorio, apoio o noso proxecto e patrocina aos nosos porteiros🫂 Moitas grazas por estar aí!!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Coa vosa forza, a pola remontada na nosa casa!!!🆚 @Atlético Arteixo 🕡 18:30 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🫂 O Vero Boquete ten que ser un fortín!!🙌 TODOS XUNTOS DESDE O INICIO!!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.