Yago Iglesias liderará un proxecto coa intención de camiñar á Segunda B

20 de Xuño de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/Z2PrKT2SZ8k” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Antonio Quinteiro agradece o apoio da cidade e as empresas, e anímalles a continuar porque serán moi importantes para lograr o obxectivo

  • O corpo técnico busca un perfil de xogador moi concreto para evolucionar no que lle falta ao plantel

Santiago de Compostela, a 20 de Xuño de 2019.

A sala de trofeos do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro acolleu esta mañá a rolda de prensa de presentación da renovación de Yago Iglesias, adestrador que deu o si quero esta mesma semana, e que continuará no proxecto branquiazul por cuarta tempada consecutiva. Mantendo as bases dos últimos anos, ambos falaron da ilusión por comezar unha nova tempada na que esperan acabar de dar o paso no camiño á Segunda División B.

No acto, no que tamén estiveron presentes outros membros da directiva como Javier García, vicepresidente, e Ramón Castro, responsable das relacións institucionais, o presidente Antonio Quinteiro foi o primeiro en tomar a palabra para agradecer ás empresas que forman parte da “SD Empresarial” o seu apoio, en especial ao patrocinador principal Cobres San Rafael, que seguirá un ano máis vestindo a camiseta. Seguindo esta iniciativa, animou a que todas seguisen achegando o seu gran de area e abriu a porta ás que non o fan para que se sumen a un barco ilusionante.

“Xa pasou un tempo para asimilar a tristeza e tocaba xa pensar no que vén e iso pasa por ser ambicioso no deportivo e no social, pero sendo cautos e apegados ao que podemos lograr da nosa cidade, tanto na masa social como na empresarial, xa que queremos que ambas se incrementen e traballaremos para iso, que haxa máis implicación”, sinalou o dirixente.

Nesta aposta será moi importante á hora de configurar un plantel que será dirixido por Yago Iglesias, un adestrador que sempre foi a prioridade da directiva. “É a persoa ideal, demostrouno co seu traballo, coa súa idea de xogo e coa súa xestión do grupo, e era moi importante non romper esta continuidade, polo que lle agradecemos que aceptase a nosa proposta”, declarou.

Con estes dous factores, a idea é mellorar tamén no deportivo. “Temos recente o que sucedeu e sabemos que nos influíron moitos factores, sobre todo a sorte, polo que temos a confianza que esta será a ocasión de chegar ao playoff, loitar polo campionato de liga e polo ascenso”, sentenciou.

Aínda que esta condición non sexa impositiva, si é o desexo que posúen todos. “Contamos coa ilusión de brindarlle á cidade o premio que todos queremos e que podamos celebrar que estamos o próximo ano na Segunda B”, analizou.

E para logralo, Antonio Quinteiro deulle a bendición ao corpo técnico, asegurando que tamén terá o agarimo da bancada do Vero Boquete. “Desexámosche toda a sorte, a que faltou estes anos, porque a implicación, o traballo e o agarimo demostráchesnolos”, concluíu.

Yago Iglesias

Pola súa banda, o técnico santiagués, en nome de todo o seu equipo, agradeceu a aposta do club por confiar no seu labor e reiterou o orgullo de poder defender a este gran club. “É moi difícil que un corpo técnico continúe tantas tempadas e temos claro que todos nos merecemos seguir crecendo: club, cidade, afección, os patrocinadores, e como non, xogadores e corpo técnico”, comentou.

Este foi, segundo dixo, a tónica que marcaron as conversacións entre ambos desde o principio, o de seguir dando pasos cara adiante pero sen esquecer a filosofía con xente nova, de proxección e con ganas de seguir crecendo. “Cada ano ponse máis difícil polo que consideramos fundamental dar ese saltito de calidade para estar o máis arriba posible e acabar a cuadratura do círculo que é estar na Segunda División B”, analizou.

En base ás posibilidades do club, buscaranse xogadores cun perfil claro, pero mantendo a liña continuista, como se pode comprobar coas renovacións. “Debemos ser fieis á filosofía do Compos, pero a partir de aí o que queremos este curso é un perfil que nos veña a achegar no que vemos esa marxe de mellora”, remarcou o técnico.

Con esa premisa, Yago comentou que puxeron oito nomes dos que poderían chegar cinco ou seis, futbolistas que virían facilitar o crecemento do equipo, tanto fóra como dentro do campo. “Toca esperar que as operacións sexan frutíferas, pero temos a ilusión de que imos polo bo camiño”, sentenciou.

Para que se acaben de pechar esas operacións, o adestrador considera que a SD Compostela é atractiva pola importancia do club, as instalacións, a filosofía e por ver como outros xogadores creceron ano tras ano. A unión dos novos cos que queden, considera, será mellor para todos.

“Toca reinventarse, pero necesitamos un perfil moi claro, que o temos moi detectado, e esperamos ser capaces de enganchalos para lograr o equipo máis competitivo posible. Buscamos alguén máis físico, máis feito, que dea un paso adiante en determinados momentos do encontro”, dixo un adestrador que considera que a súa continuidade tamén facilitará a renovación doutros xogadores, como así llo transmitiu Manuel Castiñeiras.

A eses pupilos seus, Yago ponlles ata agora un notable, case un sobresaínte, ese dez que chegará cando se peche o ciclo co ascenso. “Debemos ter capacidade para iso e aí é por onde nos ilusionamos. Co que temos e un pouco máis de variabilidade, podemos dar un paso máis”, asegurou.

O que está claro é que o plantel non será longo, xa que se confía no traballo das categorías inferiores, como nestes cursos pasados, e que Yago pretende ter a todo o seu plantel cando se inicie a pretempada, con data marcada para o 15 ou 16 de xullo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Álex Cobo, novo gardián da portería da SD Compostela🧤 Chega ao Compos co obxectivo de acadar o seu cuarto ascenso𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐂𝐨𝐛𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/18/alex-cobo-porteiro-fichaxe-compos/#benvidoálexcobo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Uzal, novo xogador da SD Compostela🤝 O mediocentro coruñés chega desde Segunda RFEF e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐔𝐳𝐚𝐥 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/17/diego-uzal-sd-compostela-fichaxe/#benvidouzal ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Rabanillo e Diego non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo vosa dedicación e traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Pablo Antas e a SD Compostela separan os seus camiños⚽️ O mediocentro déixanos un legado de seis tempadas e 152 encontros, cun gol, en Balaídos, que será sempre recordadoMoitísimas grazas por todo, mago!O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/16/pablo-antas-compos-152-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
Álvaro Casas e a SD Compostela separan os seus camiñosDespedimos a unha lenda do club tras 8 tempadas e 262 partidos! ⚽️Moitísimas grazas por todo, capitán! ©️ O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/11/alvaro-casas-compos-262-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.