Gabri Palmás, primeira incorporación para o camiño á Segunda B

21 de Xuño de 2019

Gabri-Fichaxe-Twitter

  • O atacante de Moaña chega procedente do CD Choco onde anotou oito goles

Santiago de Compostela, a 21 de Xuño de 2019.

Jose Gabriel Palmás Fervenza (08/12/1998) convértese na primeira fichaxe da SD Compostela para a tempada 2019/20, na que o proxecto branquiazul buscará camiñar á Segunda División B. O atacante de Moaña, de 20 anos, firma por un ano procedente dun CD Choco no que callou unha gran tempada, asinando oito goles.

Máis coñecido como Gabri, destaca por ser un xogador polivalente, capaz de actuar por ambas bandas do ataque, coa posibilidade mesmo de situarse de dianteiro centro en momentos puntuais. Ademais, caracterízase pola súa potencia, a súa rapidez e a súa capacidade goleadora, as cales chamaron a atención da dirección deportiva branquiazul.

A pesar da súa mocidade, o futbolista acumula xa 79 partidos na Terceira División, repartidos entre a súa etapa no equipo vermellón e no Alondras CF, conxunto no que se formou nas inferiores e co que debutou na categoría no seu segundo curso de xuvenil. Despois desta incursión no fútbol sénior, realizou unha viaxe de ida e volta ao División de Honra do Real Club Celta de Vigo, co que conquistou a liga.

Tras esta breve incursión regresou ao Alondras, sendo partícipe da gran tempada do club, logrando a clasificación para o playoff de ascenso. Ás ordes de Antonio Fernández, superou amplamente os 2.000 minutos de xogo, divididos en 41 encontros, 23 deles partindo desde o inicio, nos que celebrou ademais 9 goles.

Con todo, o atacante decidiu aceptar o verán pasado a proposta do conxunto de Redondela, no que volveu demostrar as súas grandes calidades futbolísticas. O seu bo facer quedou patente na confianza que lle deu Gonzalo Fernández, xa que xogou tódolos partidos de liga, e salvo nunha ocasión, sempre saíndo no once titular, polo que acabou superando os 3.000 minutos.

Coa súa chegada, o Compos suma xa nove efectivos para o próximo curso, cun novo futbolista mozo, con proxección e experiencia na liga. Gabri únese así a Álvaro Naveira, Alberto Freire, Álvaro Casas, Jorge Queiruga, Mon, Saro, Sergio Pereira e Samu.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.