Brais Abelenda, nova renovación para o camiño á Segunda B

26 de Xuño de 2019

Brais-Abelenda-Renovación-Twitter

  • O xogador cinco estrelas da primeira volta amplía a súa vinculación por un ano

Santiago de Compostela, a 26 de Xuño de 2019.

A SD Compostela 2019/20 suma unha nova peza ao seu proxecto camiño á Segunda División B. Brais Abelenda Negreira, xogador cinco estrelas do Compos da primeira volta do campionato, amplía a vinculación co club por un ano, polo que cumprirá a súa segunda campaña ás ordes do corpo técnico dirixido por Yago Iglesias.

O extremo de Val do Dubra foi un dos xogadores máis utilizados na súa posta de longo como branquiazul, o que o levou a recibir a distinción citada por parte da afección. O seu rendemento quedou palpable xa na pretempada, na que se destacou como o pichichi, anotando catro tantos na Copa Deputación conquistada e algún máis nos amigables. E durante o curso, as súas cifras aumentáronse con 12 goles máis, a pesar de actuar maiormente desde a banda esquerda.

Ao final foi un dos poucos xogadores do plantel que superou os 3.000 minutos de xogo, divididos en corenta e tres encontros oficiais, nos que en corenta saíu no once inicial.

Con 23 anos, cumprirá 24 en novembro, será o seu segundo curso en Santiago e o cuarto en Terceira División, categoría na que acumula 84 partidos, aos que acompaña doutros 45 en Segunda B, divididos en dúas campañas no Racing Club de Ferrol.

Con Brais, o equipo conta xa con doce integrantes, con dez renovacións, un regreso de cesión e unha fichaxe. Forman parte do grupo que dirixirá Yago: Alberto Freire, Álvaro Casas, Álvaro Naveira, Anxo Pérez, Gabri Palmás, Jorge Queiruga, Josiño, Mon, Samu, Saro e Sergio Pereira.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos gañou en Viveiro, pero xogará o playoffToca levantar o ánimo, loitar ata o final e pelexar polo ascenso na faseTodos xuntos 🫂👉 sdcompostela.com/gl/2026/05/10/compos-viveiro-playoff-vitoria/📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 FINALVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián NoyaTocará loitar no playoff para acadar o ascenso!! Todos xuntos, ata o final!!Grazas a todos por acompañarnos en Viveiro! Seguiremos loitando!📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeSEGUIMOS, COMPOS!!IMOS LOITAR ATA O FINAL!! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián Noya📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 ATA O FINAL!! 💪 CON TODO E A LOITALO ATA O ÚLTIMO SEGUNDO!!📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.