Gabri Palmás: “A miña prioridade era fichar aquí”

11 de Xullo de 2019

Presentación Gabri 1

  • O atacante expresou o seu desexo de achegar o máximo que poida e loitar polo ascenso

Santiago de Compostela, a 11 de Xullo de 2019.

Despois da súa fichaxe hai xa unhas semanas, Gabri Palmás Fervenza presentouse hoxe ante os medios de comunicación na sede da Asesoría Planing, empresa que seguirá colaborando co club unha tempada máis. O novo xogador branquiazul, acompañado polo tesoureiro Carlos Ferreiro, mostrou a súa ilusión por formar parte da SD Compostela nas súas primeiras declaracións.

“Tiña outras ofertas, mesmo dunha categoría superior, pero apostei polo Compos porque me atrae moito o club”, sentenciou un Gabri Palmás que deixou claro que “a súa prioridade era fichar aquí”.

Desde que lle chegou a oferta compostelá, o atacante de Moaña tívoo claro. “Yago e Casti convencéronme coas súas palabras”, comentou.

Dentro do equipo, espera achegar o máximo posible coas súas principais bazas “a velocidade, o traballo e o gol”.  Con esa premisa, tóquelle saír de inicio ou desde o banco, “tentarei facelo o mellor posible”, aclarou.

A pesar de que pode actuar en diferentes posicións, afirmou que lle gusta máis xogar en calquera das dúas bandas. Por iso, encántanlle as características do Vero Boquete. “É o mellor campo posible para as miñas condicións. Xogando neste campo como adversario, o Compostela sométete tanto que custan moito os minutos finais e aos equipos pásalles factura”, explicou.

En canto ás fichaxes, considera que son moi bos, en base ás veces que se enfrontou a eles. “Chegou xente bastante veterana, con experiencia na categoría e en Segunda B, e iso vainos a achegar ese grao”, remarcou.

Entre os que renovaron, Gabri coñece por proximidade a Josiño, co que falou antes de fichar, e ao resto de medirse a eles. Con ese plantel final que se conformará, o moañés ten claro cal debe ser a meta. “Hai que ir partido a partido, buscando os máximos puntos posibles e tentar quedar primeiros e despois ascender”, concluíu.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.