Pato Guillén regresa ao Compos

13 de Xullo de 2019

Fichaxe-Pato-Guillén-Twitter

  • O porteiro volve ao club no que estivo na campaña 2015/16 para buscar o ascenso

Santiago de Compostela, a 13 de Xullo de 2019.

Patricio Damián Guillén Gandini ‘Pato’ (28/12/1984) volve á que foi a súa casa na tempada 2015/16. O porteiro uruguaio, catro campañas despois, regresa a Santiago coa intención de axudar a devolver á SD Compostela á Segunda División B.

Con esta desexada incorporación, o Compos faise cun gardameta cunha dilatada experiencia no fútbol nacional, con seis tempadas e 129 partidos en Segunda B, máis outras catro en Terceira, e cun líder no vestiario. A maiores, en canto ás súas características, destaca por ser un arqueiro sobrio, cun bo golpeo cos pés, moi seguro e que manda desde atrás.

Na anterior etapa na capital galega, Pato conquistou aos seguidores branquiazuis tanto polas súas enormes calidades deportivas como polo seu trato con eles, o cal quedou demostrado nas mensaxes recibidas nos últimos días. A pesar de non lograr o obxectivo deportivo, na súa campaña como porteiro do Compos en Segunda B, xogou un total de 39 partidos, todos, menos tres, de Liga, polo que superou amplamente os 3.000 minutos de xogo.

Anteriormente, e trala súa chegada desde o Racing Club de Uruguai, xogara no CA Monzón e CD Binefar, do grupo 17 da Terceira División, e no CD La Muela, da división de bronce; chamando a atención por aquel entón da extinta CD Ourense. No sur de Galicia, na súa primeira tempada, lograría o campionato de Terceira e o ascenso, disputando dous anos máis alí en Segunda B, con 36 e 19 encontros xogados, respectivamente. Despois, ficharía no Barakaldo, do grupo dous, co que tamén participaría en 19 duelos, para acabar asinando no Compos.

Mentres tanto, trala súa etapa en Santiago, asinou no CD Boiro de Segunda B, co que disputou 38 encontros, 35 deles da competición doméstica. A pesar diso, Pato regresou a Ourense, dando dous pasos atrás, para volver un adiante. Fichou na UD Ourense, de Preferente, para lograr o ascenso de novo a Terceira e alí xogaría a última campaña, disputando tódolos encontros.

Cabe destacar, que este último ano, destacou como o mellor porteiro da categoría, nun dos conxuntos menos goleados da liga. Ademais, estivo durante cinco xornadas sen encaixar un só gol, ao que sumou enormes actuacións, como a que realizou no Vero Boquete de San Lázaro, salvando ao seu equipo en numerosas ocasións clamorosas.

Tras estampar a súa firma, o Compos suma xa o décimo oitavo xogador ao seu plantel. A falta do central, e sumando a Pato, conta xa con Álvaro Casas, Álvaro Naveira, Alberto Freire, Anxo Pérez, Brais Abelenda, Gabri Palmás, Hugo Sanmartín, Jorge Queiruga, Josiño, Miki, Mon, Roberto Baleato, Rodri, Samu, Saro e Sergio Pereira.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Pablo Porrúa, talento e desborde para o ataque do Compos🤝 O atacante de Bertamiráns, unha das grandes revelacións da categoría, chega ao Vero Boquete para facer diabluras coa súa zurda✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/03/pablo-porrua-fichaxe-compos/ 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐏𝐨𝐫𝐫𝐮𝐚 🩵🤍#benvidoporrua ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚽️ 𝐏𝐑𝐄𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 🔥🎯 Comezamos forte! Amistoso contra o Real Club Deportivo de La Coruña a beneficio de Asanog Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia 🏟️ Vero Boquete📅 Mércores 23 de xullo🕣 20:30🎟️ As entradas poranse á venda o 7 de xullo, coincidindo co lanzamento da campaña de abonados. Se te fas abonado, este partidazo xa estará incluído no teu carné! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🤝 𝐑𝐄𝐍𝐎𝐕𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐎 𝐀𝐂𝐎𝐑𝐃𝐎👏 O @sigueirofc seguirá sendo o Filial do Compos na tempada 25-26!🙌 Estamos seguros que esta vinculación nos seguirá dando grandes éxitos a ambos clubs#CanteiraPicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Quico, un muro para a defensa do Compos🤝 O experimentado central lucense chega tras xogar as dúas últimas tempadas na Segunda RFEF𝐐𝐮𝐢𝐜𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/26/quico-fichaxe-muro-defensa-compos/#benvidoquico ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
🎂 63 anos de historia 🩵🤍🔙🗓️ 26 de xuño de 1962Sempre Compos! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.