A SD Compostela conxela o prezo dos abonos no camiño á Segunda B

17 de Xullo de 2019

Campaña Abonos 2019-20 Horizontal_page-0001

  • O lema da campaña, “O Compos Somos Nós”, fai mención a eses seguidores que demostran a súa fidelidade ao club

  • Amplíase o rango de idade con desconto ata os 30 anos e segue a reserva de asento

  • Pódese facer presencial, nas oficinas, ou a través da páxina web

Santiago de Compostela, a 17 de Xullo de 2019.

Os abonos da SD Compostela 2019/20 saen mañá (xoves 18 de xullo) á venda. O club presentou xa a súa campaña baixo o lema “O Compos Somos Nós”, como unha mención especial a eses seguidores que están sempre presentes, tempada tras tempada, nas bancadas do Vero Boquete. Neste ano ilusionante, o do camiño á Segunda División B, conxeláronse os prezos e aumentouse o rango de idade con desconto ata os 30 anos.

Para darse de alta ou renovar, poderase realizar nas Oficinas do Club ou ben a través da páxina web (www.sdcompostela.com). No primeiro caso, as Oficinas abrirán ata finais de agosto, de luns a venres, en horario matinal de 9.00 a 15.00 horas. A partir do 1 de setembro, pasarase ao habitual, de luns a venres, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 ás 20.00. No segundo caso, poderase acceder á plataforma de pago a través da imaxe situada na páxina principal ou na pestana web de “Abónate”.

A novidade da campaña será o aumento do desconto dos 25 aos 30 anos, nunha clara aposta por seguir enganchando á xente nova da cidade, que se suma á decisión tomada o verán pasado de que sexa gratis para tódolos menores de idade. Por tanto, ata o próximo 30 de novembro, os prezos para a bancada de Tribuna serán os seguintes:

– Xeral: 90€

– Xubilados e parados de longa duración: 75€

– Carné da USC e sub30: 60€

– Menores de idade: Gratis

A maiores, mantéñense as reservas de asento por 5€ para as renovacións dos abonos e 10€ para as altas novas. Cada persoa que tome esta decisión, terá o seu asento reservado na bancada, identificado co número do seu abono.

Tamén existe a posibilidade de abonarse no Palco Vip, con acceso a aparcamento ata límite de prazas e cátering, por 250€; e o Carné de Empresa, con 5 abonos para o desfrute da mesma, por 350€.

O pago poderase realizar todo xunto, no momento no que se leva a cabo a activación do abono, ou ben domicilialo en dous prazos: o primeiro cando se dea de alta e o segundo ao termo da primeira volta. Este abono dará acceso a tódolos partidos de Liga, reservándose a entidade a opción de poñer un ou dous días do club.

Por último, tódolos abonados gozarán dos tradicionais descontos nunha vintena de locais de Santiago e comarca, con algunha novidade que se irá anunciando a través das redes sociais do club.

Presentación da campaña

O acto de presentación da nova campaña de abonos realizouse onte na Sala de Trofeos do club, onde estiveron presentes Ramón Castro, director das Relacións Institucionais, Javier Puñal, director de márketing; e tres fieis branquiazuis: Álvaro Casas, xogador do primeiro equipo, Mari, da nova peña O Gato Félix, e Lola, das categorías inferiores.

O xogador da SD Compostela, precisamente, destacou a importancia de facerse abonado este ano, xa que lles achega unha axuda extra sobre o terreo de xogo. “Eses seguidores que nos acompañan no Vero Boquete, e polos diferentes campos de Galicia, fanse notar e motívanos moito. Ademais poden estar seguros que imos deixalo todo para que este sexa por fin o ano do ascenso”, remarcou.

Memorial Antonio Bermúdez

Por outra banda, o vindeiro mércores 24 de xullo, enmarcado dentro das Festas do Apóstolo, a SD Compostela disputará a cuarta edición do Memorial Antonio Bermúdez, no que se enfrontará ao Real Club Celta de Vigo “B”. O partido será ás 19.30 horas, con entrada gratuíta para os abonados e abonadas desta tempada e a 5€ para o resto (gratis os menores de idade).

Ese día, as oficinas tamén abrirán antes do encontro para realizar abonos, malia que non se recomenda deixalo para ese momento, xa que se pode prolongar o tempo de espera.

IMG_20190716_172114

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍 Xornada de convivencia dos nosos na Senda do PoolUnha vez máis, queremos agradecer ao noso establecemento colaborador por acollernos no seu localCollemos impulso para unha tempada ilusionante! 🚀 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A SD Compostela realizou esta mañá unha ofrenda ao Apóstolo SantiagoNa Catedral, recibiunos o seu deán, Manuel Jesús Formoso, quen desexou moita sorte ao equipo para esta Tempada 26/27 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 1🩵🤍 O técnico valorou a pretempada, o inicio da Liga e a importancia de conectar coa afección desde o comezo👉 A rolda de presa tivo lugar no Restaurante San Jaime, patrocinador do club ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📸🩵🤍 ROQUE, TEOFILOVIC E IAGO DOMÍNGUEZ SON XA BRANQUIAZUIS!✅ Os tres están preparados para o comezo da Liga! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Roque, Iago Domínguez e Teofilovic🩵🤍 As tres últimas fichaxes do Compos foron presentadas no Restaurante La Planta, novo patrocinador do club👉 Acompañounos José Antonio Vilaseco, propietario do establecemento compostelán ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.