Antas: “Despois de tanto tempo de caucho, ver este campo alégrache os días”

18 de Xullo de 2019

Presentación Antas 1

  • O mediocentro, na súa presentación en Laucreaciones, destacou a súa faceta de xogador de equipo

Santiago de Compostela, a 18 de Xullo de 2019

Antes de debutar coa camiseta branquiazul no primeiro amigable da pretempada, Pablo Antas Pereiro viviu a súa posta de longo como xogador da SD Compostela na sede de Laucreaciones, empresa que renovou a súa vinculación co club por oitavo ano consecutivo. No seu acto de presentación, acompañado por Javier Puñal, director de márketing do Compos, e Marcos Sanmartín, xerente da empresa, o mediocentro lucense destacou a súa faceta de xogador de equipo e a ilusión de regresar á Segunda B.

As ilusións teñen que ser as de crecer todos os anos, polo que creo que o Compos era unha oportunidade boa. É unha institución, pero tamén unha responsabilidade, e creo que todos temos claro cal é o obxectivo”, remarcou na rolda de prensa.

Despois de xogar seis tempadas na división de bronce, Antas desexa regresar á categoría e alongar a súa estancia nela nas filas do Compos, malia que para iso avoga pola prudencia. “O reto é ascender, pero a partir diso temos que ir aos poucos, sendo competitivos en tódolos partidos e así chegarán os resultados”, aclarou.

Con isto en mente, para alcanzar as metas, considera que o plantel debe controlar varios rexistros, sen perder a esencia. “Non temos que enfrascarnos na idea do fútbol que todos recoñecemos do Compos, senón que queremos dar un paso máis, ser capaces de manexar distintos modelos, porque iso faranos crecer como equipo”, explicou.

Nese aspecto, e tralas conversas co corpo técnico e Manuel Castiñeiras, entende que este curso o club ten máis perfís, algún que faltou en campañas pasadas, puntualizando que non veñen substituír a ninguén, senón a achegar. “Creo que todo o mundo que vén chega coa responsabilidade de tentar crecer en base ao Compos”, resumiu.

Entre eses xogadores que chegaron, algún é máis que coñecido. “Na Terceira galega teño moitos amigos, moitas caras coñecidas, e Rodri e Baleato son xa, sen dúbida, amigos de etapas anteriores”, comentou.

No apartado persoal, malia que desexa xogar todos os partidos, sinalou que tentará achegar en todas as facetas que lle toque asumir. “Considérome un xogador de equipo, polo que cando non me toque estar no campo tamén achegarei desde outros puntos de vista”, confesou ante os medios.

Sobre o tapete verde, pode actuar en varias posicións, un rol que dependerá do corpo técnico. “Podo actuar de mediapunta ou de mediocentro. Podo ter protagonismo en ataque, pero son polivalente para moverme na medular”, aclarou.

O que si ten claro é que para el, máis despois de acabar a tempada pasada coa baixa por unha lesión na man, será un privilexio pisar o Vero Boquete, e o seu campo anexo, todas as semanas. “Despois de tanto tempo de caucho, ver este campo alégrache os días”, destacou.

Por tanto, con gañas de coller sensacións e adoptar as ideas de Yago Iglesias, Antas conclúe e desexa unha loita tan bonita en liga como a vivida hai dúas tempadas cando estaba no Bergantiños, na que primen os intereses dos branquiazuis. “Naquel momento dixen que gañara a liga o máis regular, que foi o Compos, e oxalá se repita”, matizou.

Con todo, apuntou tamén os nomes do Fabril, por club, o Choco, que se reforzou moi ben, ou o Arosa, como posibles rivais pola cabeza da táboa, aínda que para chegar aí primeiro céntranse no día a día.

Por outra banda, no acto, Javier Puñal aproveitou a ocasión para trasladarlle agradecemento a Laucreaciones de parte da directiva por seguir pensando no club. Mentres, o dirixente da entidade de impresión en gran formato declarou que é un pracer seguir camiñando da man do Compos e augurou que este será un ano moi especial. “Cumprimos o noso décimo aniversario, polo que cremos que como agasallo, lograremos o ansiado ascenso”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.