Álvaro Naveira deixa a SD Compostela

20 de Xullo de 2019

Marcha-Álvaro-Naveira-Twitter

  • O lateral solicitou a baixa para poder xogar nunha categoría superior

Santiago de Compostela, a 20 de Xullo de 2019.

Álvaro Naveira López non seguirá na SD Compostela a próxima campaña. O lateral zurdo, con contrato en vigor ata a data, solicitou a baixa esta semana para optar a unha oferta de superior categoría, a cal foi aceptada polo club en base ao traballo, esforzo e agarimo que demostrou o xogador neste tempo connosco.

Naveira chegou ao Compos fai dous veráns procedente do Fabril, asentándose rapidamente, a pesar da súa mocidade, no carril esquerdo branquiazul. Por iso, sendo o único futbolista puro para esa demarcación, converteuse nun fixo das aliñacións de Yago Iglesias.

No primeiro curso, disputou en 35 encontros oficiais, todos eles como titular, destacando as súas calidades nun equipo que quedou campión de liga. Ademais, foi o autor do único tanto na eliminatoria ante o Salmantino, curiosamente, o seu único gol como branquiazul. Mentres tanto, nesta segunda tempada, xogou 34 partidos, saíndo do once inicial en 29 deles.

Por todo iso, unido á importancia que tivo no bo ambiente do grupo, desexámoslle a maior das sortes no seu futuro. Estamos convencidos de que mostrarás o teu nivel alá por onde vaias. Grazas, Naveira.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Dende o club queremos agradecer o apoio que tiñamos hoxe en Cambados, cun gran número de afeccionados presentes no campo, e lamentamos profundamentamente que non se puidese xogar o encontro Grazas por estar sempre aí! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
❌️ Adiado o partido en Burgáns polo estado do terreo de xogo debido ás inclemencias meteorolóxicas📸 Nacho Castaño #cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️📋 ONCE 🆚 Club Juventud Cambados 🩵🤍 Os nosos para o partido desta tarde#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 A recuperar a boa senda na Liga!🆚 Club Juventud Cambados 🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns🎫 12€#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA 🆚 Club Juventud Cambados 🩵🤍 Os nosos para o partido de mañá en Burgáns ás 17:00 horas#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.