Un partidazo para homenaxear a figura de Antonio Bermúdez

23 de Xullo de 2019

Presentación Memorial 2 (2)

  • O cuarto Memorial, mañá ás 19.30, foi presentado na Sala de Trofeos

Santiago de Compostela, a 23 de Xullo de 2019.

A sala de trofeos da SD Compostela acolleu esta mañá a presentación do cuarto Memorial Antonio Bermúdez, encontro que se disputará mañá ás 19.30 no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro e que medirá ao propio Compos contra o RC Celta de Vigo B. No acto estiveron presentes Antonio Bermúdez, fillo do homenaxeado e xornalista da Cadea Ser, e Antonio Quinteiro, presidente da entidade.

En primeiro lugar, o mandatario do conxunto branquiazul exaltou a figura do citado e agradeceu a axuda da súa familia. “Agradecer a Antonio fillo e á súa familia que nos permita lembrar unha vez máis ao noso amigo, xornalista, estadista, directivo, afeccionado e abonado, Antonio Bermúdez”, comentou Quinteiro.

Lembrando o agarimo que lle tiña Bermúdez ao Compostela, co que realizou tantas viaxes, o presidente do Compos emocionouse contando algunha experiencia vivida xuntos. “Recibín o seu apoio e agarimo desde que estou aquí, polo que puiden gozar da súa compañía en moitos desprazamentos. Era un home que nunca molestaba, sempre atento ao que sucedía e con resposta a calquera pregunta sobre o club”, explicou ante os medios de comunicación.

Comprometido por manter viva a chama do homenaxeado a través deste Memorial, que cumpre a súa cuarta edición, agarda que moita xente acuda ao partido, onde espera que a bancada mostre o mesmo agarimo que anos anteriores, e que goce do espectáculo entre o Compos e o Celta B. “Pedir ao fútbol galego que nos acompañen mañá a gozar dun gran partido e que pasen unha tarde agradable e divertida”, concluíu.

Pola súa banda, Antonio Bermúdez fillo, en nome da familia, valorou o traballo de Antonio Quinteiro e toda a directiva para que manteñan esta cita. “Teño que darlle as grazas por darlle continuidade a este partido na memoria do meu pai. Recordo que cando se presentaba o primeiro, o presidente comprometeuse a que non se fose flor dun día e aquí estamos xa coa cuarta edición”, puntualizou.

Ademais, convidou tamén a que moitos afeccionados aproveiten o encontro, en plenas festas do Apóstolo, para ver por vez primeira ao Compos 2019/20. “Convido desde aquí á afección do Compos, que está moi ilusionada co novo plantel, que veñan gozar do partido”, dixo.

Estendeu as súas boas palabras ao RC Celta de Vigo, por acceder a participar, e por último desexou unha gran tempada á SD Compostela.

Aspecto Deportivo

No plano deportivo, polo Compos participarán tódolos xogadores do primeiro equipo, agás Sergio Pereira, así como algúns dos integrantes do SD Compostela-Zona Vella e dos xuvenís que están realizando a pretempada.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.