SD Compostela e Victoria FC asinan un acordo de colaboración

13 de Agosto de 2019
Momento da firma con ambos presidentes: Antonio Martínez (esq.) e Antonio Quinteiro.
Momento da firma con ambos presidentes: Antonio Martínez (esq.) e Antonio Quinteiro.
  • Os clubs masculino e feminino máis representativos da cidade fomentarán o fútbol na comarca

Santiago de Compostela, a 12 de Agosto de 2019.

A Sociedade Deportiva Compostela e o Victoria Fútbol Club asinaron un acordo de colaboración para as próximas dúas tempadas 2019-20 e 2020-21. Os clubs masculino e feminino máis representativos da cidade buscan deste xeito fomentar conxuntamente a práctica e o desenvolvemento do fútbol en toda a comarca.

Coa firma de ambos presidentes, Antonio Quinteiro Canedo e Antonio Martínez Rial, os equipos selan un camiño conxunto no que se traballará o impulso da práctica deportiva entre os máis novos, así como a progresión de futbolistas e técnicos.

Deste xeito, os adestradores e xogadores das categorías inferiores do Victoria FC poderán participar nos programas impulsados pola SD Compostela coas mesmas condicións que os membros da entidade branquiazul. Por tanto, gozarán do mesmo trato, por exemplo, no programa de formación de técnicos, a Compostec, o Clínic ou os Campus de Verán e Nadal.

Ademais, o Compos terá unha opción preferente sobre aqueles xogadores máis destacados das categorías inferiores do Victoria, do mesmo xeito que os segundos contarán con esa alternativa para as xogadoras máis destacadas. Para iso, serán chamados a adestrar eventualmente co outro conxunto para avaliar a súa progresión.

Nestes casos, ambos clubs colaborarán na cesión de xogadores e xogadoras para tentar axudarse mutuamente e cumprir os obxectivos marcados.

Por último, os directivos e membros dos corpos técnicos do Victoria FC poderán asistir de maneira gratuíta aos partidos de liga regular que a SD Compostela dispute no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto de canteira e de cidade do Compos, o cal busca o crecemento da entidade en ambos ámbitos. O plan iniciado fai dous cursos por Víctor Pazos, coordinador da base, segue deste xeito os pasos marcados desde un principio.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, todos xuntos na nosa casa para acadar a cuarta vitoria consecutiva 💪🩵🤍🤝 Partido patrocinado polo Garoa SCQ 🆚 CD Basconia🗓️ Domingo, 01/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta: Link na web#composbasconia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Semana de regreso á nosa casa! 💪Os nosos comezan con días de descanso para recuperar enerxías e preparar, a partir do mércores, o encontro deste domingo no Vero Boquete, no que buscaremos a cuarta vitoria consecutiva#composbasconia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 CRÓNICAUn Compos de doce consegue a terceira vitoria consecutiva⚽ Os nosos dominaron os tempos do partido no Pepe Quimarán e levaron os tres puntos con goles de Dani González, Buba e Antón Guisande📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.