Comezo idílico en Cangas

26 de Agosto de 2019
Os xogadores do Compos celebran o segundo gol de Gabri Palmás. Foto: Amadeo Rey.
Os xogadores do Compos celebran o segundo gol de Gabri Palmás. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos superou ao Alondras por 1-4 con goles de Brais Abelenda, Gabri Palmás e dous de Miki

Santiago de Compostela, a 25 de agosto de 2019.

A SD Compostela debutou na tempada 2019/20 da mellor maneira posible. Coa vista posta no camiño cara á Segunda B, a primeira etapa, das trinta e oito máis o playoff que o completan, saldouse cun claro triunfo por 1-4 ante o Alondras, un rival pola promoción de ascenso. Cumpriuse así o obxectivo de corpo técnico e plantel, á vez que se debutou por terceiro curso seguido con vitoria, esta vez, fóra de casa.

Os tres primeiros puntos do curso viñeron fraguados por unha saída fulgurante dos branquiazuis, capaces de pórse por diante no marcador no minuto cinco. Unha internada por banda de Jimmy deixou o balón franco para que Brais Abelenda asinase o primeiro tanto da tempada, superando a Martín no man a man.

Con vantaxe, o Compos soubo maniatar ao seu rival, dominando a posesión do esférico e podendo aumentar a renda cunha dobre aproximación dos seus extremos.

Á volta dos vestiarios, e tras desbaratar entre Pato e Álvaro Casas a mellor oportunidade local, os santiagueses puxeron terra polo medio. O recentemente entrado Gabri Palmás, que segue co seu idilio de cara ao gol, iniciou unha contra na que abriu para Pablo Antas e el mesmo culminouna, remachando á rede a asistencia do lucense.

Dous minutos máis tarde, o de Moaña arrincaría de novo pola banda para, esta vez, servir a asistencia ao segundo pau para Miki, quen marcou de cabeza para sentenciar o choque.

O cuarto de hora final, ambos contendentes baixaron o ritmo, froito do amplo resultado, malia que aínda se verían dous goles máis. Primeiro, no 87, Mauro maquillaría o resultado cun gran disparo cruzado, marca da casa, tras aproveitar un roubo na saída de balón dos nosos. E no desconto, Miki asinaría o seu dobrete tras aproveitar no segundo pau, nesta ocasión co pé, a asistencia de Josiño.

Co 1-4 final, a SD Compostela deixou unhas grandes sensacións á súa afección, que se volveu a desprazar nesta primeira saída da tempada. Ademais, o resultado levantouno ao liderado ao remate da xornada, posición que tentará manter a próximo fin de semana, na estrea ante o seu público no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, ante a Unión Deportiva Somozas.

FICHA TÉCNICA:

1- Alondras CF: Martín; Jesús Varela, Abel (Ronald, m.46), Arnosi, Pablo García; Álex (Charles, m.46), Iván Pérez; Mauro, Luismi, Cora (Richi, m.77); e Jonás.

4- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Soto, Jimmy; Baleato, Samu; Miki, Pablo Antas (Josiño, m.83), Brais Abelenda; e Rodri Alonso (Gabri Palmás, m.69).

Goles: 0-1: Brais Abelenda, min.5; 0-2: Gabri Palmás, min.71; 0-3: Miki, min.73; 1-3: Mauro, min.87; 1-4: Miki, min.91.

Árbitro: Casanova Cudeiro, comité ourensán. Amoestou aos locais Jesús Varela e Abel.

Incidencias: Campo do Morrazo. Primeiro partido de Liga do grupo 1 da Terceira División con 500 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 | Míchel 🩵🤍🙌 OS NOSOS para o encontro de mañá no Estadio Vero Boquete, ás 12.00 horas, contra o @realoviedo Vetusta!💪 Míchel chama a varios reforzos da @canteirapicheleira #ComposVetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario, Samu Araujo!!! 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Samu!!! 💪 Oxalá poder celebralo mañá cunha nova vitoria na nosa casa!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | 𝐌𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥 𝐀𝐥𝐨𝐧𝐬𝐨 🗣️ PREVIA do encontro deste domingo, ás 12.00 horas no Vero Boquete, ante o Real Oviedo Vetusta!!!🩵🤍 Hoxe acompañounos na rolda de prensa Fernando Leis, de O Pan de Leis, patrocinador do encontro!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄𝐃𝐈𝐂𝐎𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬 🩵🤍👨‍⚕️ As probas realizadas a Pablo Antas polos servizos médicos confirmaron unha microrotura no músculo semitendinoso da súa coxa dereitaEstará de baixa dúas semanas!Moito ánimo, Pablo 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.