Sergio Pereira: “Creo que gañamos madurez e físico coas fichaxes”

29 de Agosto de 2019
Javier García, Sergio Pereira e Mateo García, co cartel do partido, na sede de Sisrecon.
Javier García, Sergio Pereira e Mateo García, co cartel do partido, na sede de Sisrecon.
  • O lateral, que está preto de volver ao grupo, valora a calidade do plantel na sede de Sisrecon, empresa que renova a súa vinculación co club

Santiago de Compostela, a 29 de Agosto de 2019.

Sergio Pereira Blanco atópase a un paso de volver gozar como futbolista da SD Compostela. Na semana na que o equipo se enfrontará ao seu ex-equipo, a UD Somozas, o lateral destro falou sobre a recuperación da súa lesión, peor tamén valorou a calidade do novo plantel que se formou.

“Levo case tres meses desde que me lesionei e creo que en dez días xa poderei traballar co equipo. Ao principio parecía unha simple rotura, pero despois de facer as probas médicas, saíu algo máis grave”, explicou un Sergio que lembra perfectamente a acción. “Estaba de lateral esquerdo, encaroume Josiño, e na carreira notei dúas picadas e xa tiven que parar”, relatou.

Ese infortunio coincidiulle coa última semana do curso, nun dos ensaios previos ao partido de volta contra o Alavés B, polo que estivo todo o verán recuperándose. “A drenaxe afectoume á recuperación, polo que tiven que parar por completo durante un mes. Agora, con todo, xa estou a traballar co doutor e o fisioterapeuta en campo, para recuperar os niveis de forza e poñerme ao 100%”, asegurou.

A pesar da desvantaxe de empezar tarde, Sergio, que cumprirá a súa terceira campaña no club, sabe o que pide Yago Iglesias. “Como levo dous anos, xa sei o que pide o adestrador e xa estou a traballar para que conte comigo canto antes”, sinalou.

En base a esa experiencia, o futbolista sabe moi ben do que fala cando asegura que “temos un equipazo”, malia que advirte que tamén hai outros bos equipos. “Fabril, Ourense CF, Bergantiños e Barco, creo que estarán aí”, detallou.

Respecto ao curso pasado, coa chegada das novas fichaxes, o defensa considera que melloraron en certos aspectos importantes. “Creo que gañamos algo máis de madurez, con Baleato e Antas, algo máis de físico, e fóra da casa váisenos a notar, porque era a nosa gran carencia”, destacou.

A pesar diso, adianta que a Terceira galega é unha liga moi difícil, con campos moi complicados. “Podes ter mellores xogadores, controlar mellor o xogo, pero hai xogadas moi puntuais que se che escapan e poden caer de calquera lado. Penso que este ano, nese aspecto, daremos un paso adiante coas fichaxes”, comentou.

De momento, e a tenor do visto no Morrazo, as sensacións son boas. “Sempre é un campo difícil e creo que é o que máis me gusta xogar de Terceira. Eles téñeno moi controlado e apertan bastante, pero polo que vin, o equipo estivo moi ben, en especial, defensivamente, e arriba sempre imos marcar goles porque temos moita pegada”, analizou.

Despois deste gran resultado, o equipo afronta a segunda cita con ilusión, ante un equipo especial para Sergio, malia que a fortuna está a impedirlle competir contra eles. “O ano pasado, tamén esa semana tiven un escordadura de nocello e perdinme o encontro, pero como en Somozas cambian tódolos anos de xogadores, xa non queda ninguén da miña etapa”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 A familia do Compos é solidaria!Fixemos entrega á Fundación Stop Leucemia dunha donación de 665€ pola venta de 133 camisetas benéficas para a súa campaña "Regala Ciencia"🙌 Agradecemos a Fútbol Emotion, Casal Cotòn e á Fundación a súa colaboración nesta gran iniciativa📸 No acto de entrega, estiveron presentes Carlos Pérez, investigador da Fundación Stop Leucemia; e María del Carmen Casal, de Casal e CotónXuntos, impulsamos a investigación sobre enfermidades como a leucemia! Grazas a todos por facelo posible! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.