Presentadas as novas equipacións da SD Compostela

3 de Setembro de 2019
Juan Carlos Gesto, secretario do club; Pablo Núñez, de Cobres San Rafael; David Soto, Mon Vives, Rodri Alonso, Gonzalo, xerente de 4-4-2 Botas; e Javier Puñal, director de marketing do Compos.
Juan Carlos Gesto, secretario do club; Pablo Núñez, de Cobres San Rafael; David Soto, Mon Vives, Rodri Alonso, Gonzalo, xerente de 4-4-2 Botas; e Javier Puñal, director de marketing do Compos.
  • Sairán á venda o xoves, por 49 euros, nas oficinas do club e na tenda 4-4-2 Botas

Santiago de Compostela, a 3 de Setembro de 2019.

A tenda 4-4-2 Botas, no Centro Comercial Área Central, acolleu esta mañá a presentación das novas equipacións da SD Compostela para a tempada 2019/20, a do camiño cara á Segunda División B. Coa presenza de David Soto, Mon Vives e Rodri Alonso como modelos, o club sacou á luz o secreto mellor gardado ata a data, as camisetas que vestirán os seus xogadores a partir de mañá mesmo, con motivo da final da Fase Autonómica da Copa Federación.

No acto, ademais, estiveron presentes Juan Carlos Gesto, secretario do club; Gonzalo, xerente da tenda deportiva de Errea en Santiago; Pablo Núñez, en representación de Cobres San Rafael; e Javier Puñal, director de márketing do Compos.

Este último, precisamente, foi o encargado de explicar os principais cambios respecto a pasadas campañas, que chegan na cor da camiseta visitante e no pescozo de ambas. “Na segunda valoramos dar un cambio radical. Queremos que sexa un ano importante, de moitas alegrías, e merecía uns equipamentos acordes a iso. Este amarelo, combinámolo cun azul cyan, e ademais volvemos ao pescozo redondo, que levabamos anos sen eles”, analizou.

Nos equipamentos destaca a presenza de Cobres San Rafael na parte frontal, como patrocinador principal, e Witland Centro de Negocios na parte traseira debaixo do número, un dos patrocinadores oficiais. “Agradecemos o seu apoio ao proxecto e á entidade neste curso tan ilusionante”, afirmou a responsable da área comercial.

A pesar de que se estrearán mañá en competición, sairán á venda ao público o vindeiro xoves 5 de setembro, ao prezo habitual de 49 euros. Estas poderanse adquirir tanto nas oficinas do club, no Estadio Verónica Boquete, na tenda 4-4-2 Botas, en Área Central, e na tenda online da entidade, na web oficial www.sdcompostela.com.

Sempre tiveron boa acollida e agardamos que guste e que vexamos moitas por Santiago, que é importante para que siga crecendo a marca Compos”, concluíu Javier.

Impresións

Os tres xogadores que participaron no acto foron os primeiros en sacar as súas impresións sobre as camisetas, que seguen sendo da marca Errea. “Teñen boa pinta. Era a primeira vez que as viamos e esperamos lograr cousas bonitas con elas”, afirmou Mon.

Son moi bonitas. Especialmente gústame a segunda equipación pola súa cor e despois, en canto a comodidade, parecen cómodas”, sinalou Soto.

Por último, Rodri Alonso valorou o comezo do campionato e o que resta de competición, na que vestirán as camisetas que probaron hoxe por primeira vez. “O inicio foi mellor imposible, pero queda moita liga, esperamos facer un bo papel mañá, nunha competición á que lle daremos moita importancia, e encarar o domingo contra o Barco con boas sensacións”, apuntou.

A maiores, sorteouse unha bufanda entre os asistentes á presentación, tal e como se apuntou desde as redes sociais do club, a cal foi a parar a Manu César, fiel seguidor da SD Compostela e membro da peña Brigadas Branquiazuis.

IMG_20190903_124353_076
O gañador coa bufanda
Parte posterior das camisetas.
Parte posterior das camisetas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Arosa SC 🩵🤍 Os nosos para o gran encontro de mañá ás 17:00 horas na Lomba✅ Regresa Goris, tras superar a súa lesión, e entra Iván, da Canteira Picheleira 👉 Queda fóra Valín, por lesión#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Imaxes do último adestramento desta mañá💪 Preparados para a gran cita de mañá en VilagarcíaImos con todo!! 🩵🤍🩵🤍📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analiza o importante encontro de mañá na Lomba, no que os nosos buscarán recuperar o liderado#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🫂 XUNTOS!Este domingo, co voso apoio, imos a polo triunfo en Vilagarcía!Todos xuntos somos máis fortes! 🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💫 O III Foro "Tecnoloxía e Deporte", organizado pola SD Compostela, leva ao Museo Das Peregrinacións, este próximo venres 17 de abril ás 19:00 horas, unha interesante xornada sobre envellecemento activo e exercicio físico Un evento, con acceso gratuíto ata completar aforo, no que contaremos coa participación de dous referentes ao máis alto nivel como son: 🎾 Joan Forcades, preparador físico de Rafael Nadal e Carlos Moyá 👟 Guillem Mascaró, preparador físico especializado en ultrafondo e trail running 👉 Esta nova cita xirará arredor do coñecemento e a innovación aplicada ao deporte, centrándose especialmente na relación entre exercicio físico, calidade de vida e avances tecnolóxicos Unha oportunidade única para coñecer unha visión de máximo nivel sobre rendemento e saúde, da man de dous referentes a nivel nacional nesta área Desta forma, seguimos abordando como a tecnoloxía está a revolucionar o campo do deporte e da saúde, da man de expertos de recoñecido prestixio Tralo éxito das pasadas edicións, nas que contamos con Enrique García Clavijo, Ezequiel Mosquera, Miguel Verdes, Miguel Ángel Leal e Lalo García, convidámoste a esta nova entrega do foro, na que contamos con patrocinio da Xunta de Galicia, do #Xacobeo2027, o Museo Das Peregrinacións e de Santiago e #PlexusSport🗓️ Venres, 17 de abril🕖 19:00h📌 Museo das Peregrinacións🎟️ Acceso gratuíto ata completar aforo🙌 Agardámoste! #tecnoloxía #deporte #innovación #envellecementoactivo #preparadorfisico #calidaddevida #tech #tenis #ultrafondo #Santiago ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.