Triunfo claro no regreso ao fortín

1 de Setembro de 2019
Brais Abelenda celebra o seu segundo gol no partido, patrocinado por Celso Míguez. Foto: Amadeo Rey.
Brais Abelenda celebra o seu segundo gol no partido, patrocinado por Celso Míguez. Foto: Amadeo Rey.
  • A SD Compostela superou ao Somozas con tres goles na segunda metade

Santiago de Compostela, a 1 de setembro de 2019.

A SD Compostela regresou ao seu fortín, estreando o mes de setembro, da mellor maneira posible, con tres novos puntos. O cadro branquiazul superou con claridade ao Somozas con tres goles na segunda metade, dous deles de Brais Abelenda, e segue comandando a táboa da Terceira División.

Tras unha primeira metade de dominio branquiazul, o Compos conseguiu abrir a contenda no 51, por mediación de Brais. Jimmy ampliou a renda no seguinte minuto e de novo Brais sentenciaría á saída dun córner, no 64.

No debut ante o seu público, a SD Compostela saíu co mesmo plan que o pasado sábado, dominador coa pelota e buscando a portería rival cando atopaba espazos na defensa do Somozas. Con todo, a boa disposición do cadro visitante, complicaba a tarefa aos nosos.

Pola dereita, tentouno Miki con Saro, pero na mellor, o extremo enviou arriba o rexeite do porteiro. E pola esquerda, na ocasión máis clara, Gabri Palmás centrou, Brais Abelenda controlouna e Jimmy mandou arriba a volea desde o punto de penalti.

A pesar da superioridade, o partido foise con empate sen goles ao descanso, malia que na segunda metade, a situación cambiou con rapidez, froito do dominio local. Aos 51 minutos, os nosos superaban a férrea defensa local cun golazo.

Na enésima subida por banda de Miki, o extremo de Nigrán puxo un centro medido ao segundo pau e aí apareceu Brais Abelenda que, tras gañarlle a partida ao central, puxo a cabeza para enviar o balón lonxe da estirada de David.

E co arreón branquiazul, ao minuto caeu o segundo. Esta vez pola esquerda, Gabri Palmás puxo o servizo ao punto de penalti, controlou Josiño para Jimmy e o lateral, desde o borde da área, puxo o esférico pegado ao pau, para levar o delirio á bancada.

Con vantaxe no luminoso, o Compos non se relaxou e seguiu insistindo ata que acabou entrando o terceiro. Primeiro, Brais Abelenda rozou o tanto nunha nova contra na que, tras favorecerse do corte dun defensa, mandou o disparo a centímetros do pau e despois, Pablo Antas, atopouse con David trala asistencia de Josiño.

Con todo, no córner xerado nesa última oportunidade, o dianteiro de Bembibre selou o seu dobrete. Samu puxo o esférico desde a esquina, non acertou a despexar o xogador do primeiro pau, e Brais, entrando desde atrás, fusilou coa súa perna dereita.

Co paso dos minutos, e unha vez realizados tódolos trocos, o Compos baixoulle unha marcha ao xogo, malia que seguiu dominando coa pelota, sen que Pato sufrise ningún tipo de apuro, e así se chegou ao final do encontro.

Con este resultado, a afección puido saborear un novo triunfo dos seus, no regreso ao Vero Boquete. Tres puntos moi importantes para ampliar a xeira gañadora e para seguir co anecdótico liderado. Dentro de sete días, e tras xogar a final da fase autonómica da Copa Federación en Portonovo contra o Ourense CF, a SD Compostela reencontrarase ante o seu público no duelo contra o Barco.

FICHA TÉCNICA:

3- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Soto, Jimmy (Baleato, m.73); Samu, Pablo Antas; Miki (Rodri Alonso, m.67), Josiño, Gabri Palmás (Mon, m.80); e Brais Abelenda.

0- UD Somozas: David; Belengi, Guillem (Rubén, m.65), Manuel Jesús, Ramses; Juan Gabriel, Diego Uzal; Luís Rodríguez, Dani (Jorge, m.57), Juan Manuel; e Eloy (Estevo, m.72).

Goles: 1-0: Brais Abelenda, min.51; 2-0: Jimmy, min.52; 3-0: Brais Abelenda, min.64.

Árbitro: Veloso Branco. Amoestou a Pablo Antas, polos locais; e a Juan Manuel, Dani, Juan Gabriel, Manuel Jesús e Uzal, polos visitantes.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Partido da xornada 2 de liga do grupo 1 da Terceira División ante 650 espectadores. Antes do inicio, gardouse un minuto de silencio por Xana Martínez, Mercedes Caramés e Agustín Vázquez.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
𝐀𝐁𝐎𝐍𝐎𝐒 𝟐𝟒/𝟐𝟓 🩵🤍🎫🙌 ALCANZAMOS OS 2.000 abonados9️⃣7️⃣0⃣ renovacións 🤝1⃣0⃣3⃣0⃣ altas 👆💪 Grazas polo voso apoio! ✍️ A campaña segue aberta en ➡️ sdcompostela.compralaentrada.com #quérotecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
ℹ️ ASENTOS 🆚 UM Escobedo 🏟️ Os asentos non estarán numerados para este encontro👉 Cada persoa poderá sentarse onde prefira, dentro da súa bancadaℹ️ O Concello informounos que procederá á numeración dos asentos a semana próxima 📸 Nacho Castaño #composescobedo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 🆚 UM Escobedo📋 Antón Permuy🩵🤍 Lista dos nosos para o partido de mañá no Vero Boquete 👉 Entran todos os dispoñibles! Mañá haberá un descarte #composescobedo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️ Hoxe tocou traballo por separado para os nosos en función das cargas💪 Un dos grupos realizou un adestramento de recuperación en 𝐁𝐉 𝐓𝐫𝐚𝐢𝐧𝐞𝐫𝐬Grazas pola boa atención e por acollernos nas vosas instalacións 🩵🤍#composescobedo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.