O Compos, campión galego da Copa Federación

5 de Setembro de 2019
Os nosos coa copa de campións. Foto: Amadeo Rey.
Os nosos coa copa de campións. Foto: Amadeo Rey.
  • Os nosos superaron ao Ourense nos penaltis e clasifícanse para a fase nacional

Santiago de Compostela, a 4 de setembro de 2019.

De novo, desde o once metros, a SD Compostela superou a final autonómica da Copa Federación. Os branquiazuis conquistaron o título galego logo de superar ao Ourense por 6-7 nos penaltis, tras empatar a tres tantos nos 120 minutos de xogo. Así, os nosos estarán no bombo nacional.

Miki e Rodri Alonso adiantaron ao Compos, neutralizando a vantaxe Renán, de penalti, e Adri Castro, levando o encontro á prórroga. Nela, volveu pórse por diante o Compos, cun tanto en propia porta, pero de novo marcou Adri Castro e foise á quenda fatídica, co resultado final coñecido.

Coa inercia da liga, o Compos saltou ao Campo de Baltar coma se fose a súa propia casa, sen complexos, e buscando dominar coa pelota. Pese ao vento en contra ao que se tivo tamén que enfrontar no primeiro acto, o equipo dirixido por Yago Iglesiou raseou a pelota e buscou o arco defendido por Diego García.

Así, as primeiras opcións para os nosos chegaron a través de accións desde as bandas, sendo a máis clara un centro de Miki que rematou Rodri Alonso e que salvou o porteiro na liña cunha gran estirada.

Con todo, e aproveitando os balóns que retrocedían pola forza de Eolo, o Ourense aumentou a presión e gozou da súa mellor opción nun disparo de Pedro Delgado, desde corenta metros, que despexou a córner Anxo. Á saída deste, sería Gabri Palmás quen interceptaría o golpeo de Antón Concheiro.

Sería tras este aviso dos locais cando os nosos verían porta. Roubaron o balón no centro do campo, Mon recibiu con espazos e puxo o balón, en perfectas condicións, ás costas da defensa para que Miki, gañando o duelo en velocidade, realizase unha preciosa vaselina que superou a Diego García e que se coou suavemente nas mallas.

Despois do tanto, o partido baixou unha marcha e os nosos souberon levalo con tranquilidade ata o intermedio. Á volta dos mesmos, e tras unha saída fulgurante dos branquiazuis, hoxe de amarelo por primeira vez, caía o segundo da tarde.

Saro roubou no borde da área, conectou con Mon e tras unha dobre parede, entre este e Rodri, o dianteiro berciano soltou un zurdazo raso que se coou pegado á cepa do poste.

A pesar da vantaxe, seis minutos máis tarde, no 59, o Ourense meteríase no encontro tras unha pena máxima moi protestada polos santiagueses. Renán colgou o balón ao segundo pau e o colexiado sinalou unha caída dos ourensanistas. O propia mediapunta brasileiro sería o encargado de executar a pena máxima e anotala, cun zurdazo que superou a Anxo por centímetros.

O gol espoleou aínda máis aos locais e nunha nova poutada igualaron o choque. O balón despexado caeu nas costas da defensa compostelanista e Adri Castro, cun zambombazo coa dereita, puxo o esférico na escuadra.

Co empate, os nervios apoderáronse de ambos conxuntos, rompendo o duelo, pero o luminoso xa non se moveu, levando o encontro á prórroga.

Nese tempo extra, o Compos volveuse adiantar rapidamente, aos cinco minutos, grazas a un gol en propia de Germán, quen se introduciu o esférico tralo centro de Gabri Palmás.

Con todo, de novo, o Ourense volveu empatar a contenda. Unha nova falta colgada, tocada no segundo pau, foille á cabeza de Adri Castro, quen marcou de cabeza o seu dobrete. Malia que Pibe enviou un tiro, instantes despois, ao pau, o encontro foise aos penaltis.

Na quenda fatídica, os nosos saíron de novo vencedores. Anxo parou o primeiro e Martín enviou outro arriba, mentres que polos branquiazuis anotaron Rodri Alonso, Álvaro Casas, Samu, Josiño, Miki, Saro e Gabri Palmás. Cos sete acertos, o Compos converteuse en campión autonómico da Copa Federación, clasificándose para a fase nacional.

FICHA TÉCNICA:

3 (6)- Ouurense CF: Diego García; Willian, Juanma, Sergio, Germán, Rubén (Iker Revuelta m.83); Pedro Delgado (Portela, m.66), Antón Concheiro (Pibe, m.46), Renán; Adri Castro e Martín Lamelas.

3 (7)- SD Compostela: Anxo Pérez; Miki, Saro, Álvaro Casas, Queiruga, Brais Abelenda; Baleato, Mon (Samu, m.67), Pablo Antas (Josiño, m.86); Gabri Palmás e Rodri Alonso.

Goles: 0-1: Miki, min.20; 0-2: Rodri Alonso, min.52; 1-2: Renán (p.), min.59; 2-2: Adri Castro, min.72; 2-3: Germán p.p, min.95; 3-3: Adri Castro, min.107. Penaltis: 0-1: Rodri; 1-1: Renán; 1-2: Álvaro Casas; 2-2: Adri Castro; 3-2: Diego García; 3-3: Miki; 4-3: Sergio; 4-4: Josiño; 5-4: Iker Revolta; 5-5: Samu; 6-5: Portela; 6-6: Saro; 6-7: Gabri Palmás.

Árbitro: García Lesta (Pontevedra). Amoestou a Renán, Pedro Delgado, Pibe, Germán e Iker Revuelta, polos locais; e a Álvaro Casas, Pablo Antas e Josiño, polo Compos.

Incidencias: Campo de Baltar (Portonovo). Final da Fase Autonómica de Copa RFEF disputada ante 450 espectadores.

Celebración do gol de Rodri. Foto: Amadeo Rey.
Celebración do gol de Rodri. Foto: Amadeo Rey.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Uzal, novo xogador da SD Compostela🤝 O mediocentro coruñés chega desde Segunda RFEF e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐔𝐳𝐚𝐥 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/17/diego-uzal-sd-compostela-fichaxe/#benvidouzal ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Rabanillo e Diego non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo vosa dedicación e traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Pablo Antas e a SD Compostela separan os seus camiños⚽️ O mediocentro déixanos un legado de seis tempadas e 152 encontros, cun gol, en Balaídos, que será sempre recordadoMoitísimas grazas por todo, mago!O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/16/pablo-antas-compos-152-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 days ago

SD Compostela
Álvaro Casas e a SD Compostela separan os seus camiñosDespedimos a unha lenda do club tras 8 tempadas e 262 partidos! ⚽️Moitísimas grazas por todo, capitán! ©️ O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/11/alvaro-casas-compos-262-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Pablo Crespo seguirá un ano máis liderando a defensa da SD Compostela🤝 O central renova por unha tempada, con opción a outra máis, co obxectivo de acadar o ascenso𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/06/pablo-crespo-renovacion-compos/#pablocrespo2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.