Volta á rutina no Vero Boquete

4 de Outubro de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/wX4u268yWIQ” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Tras pasar na Copa Federación, o Compos quere manter a súa fortaleza na casa ante o Polvorín

Santiago de Compostela, a 4 de Outubro de 2019.

A SD Compostela volve este domingo á rutina no Vero Boquete. Despois de eliminar ao Arandina nos dezaseisavos da Copa Federación, os nosos xa se centran no seu novo reto, o duelo ante o Polvorín, nesta semana de Champions. Coa intención de manter a fortaleza do fortín, os branquiazuis queren lograr os tres puntos para seguir na parte alta.

Coa moral alta, despois dun gran comezo do campionato ligueiro, e as boas sensacións mostradas no encontro de onte, os santiagueses saben que non se poderán relaxar ante un rival, filial do Lugo, que tamén aposta polo fútbol de toque.

“É un equipo superdinámico, que tenta xogar desde atrás, con xogadores verticais, con bo pé e moita calidade, que apostan polo xogo combinativo, sen medo a nada”, analizou Yago Iglesias na rolda de prensa previa.

Precisamente, o corpo técnico destaca as cualidades do seu plantel, na que moitos deles xa estiveron ás ordes de Manuel Jiménez. “Ao ser un filial dun equipo profesional, varios dos seus futbolistas xa adestran co primeiro equipo, polo que teñen ese ritmo de competición, e algún mesmo xa debutou”, manifestou.

Por este motivo, agardan un encontro equilibrado, no que os nosos terán que mostrar a súa mellor cara, igual ou superior á de ata agora. “Será moi complicado, pero temos que analizar ben ao rival e recuperar ben as pernas. Xa adiantamos traballo durante a semana e a idea é que cheguemos frescos de pernas para ser de novo o Compostela de San Lázaro”, explicou.

Con esa premisa, Yago adoptou o duelo de copa como unha boa proba de lume para o que teñen por diante. “Sen dúbida, foi unha boa preparación para o domingo, xa que presionaban con cinco xogadores arriba. O escenario da primeira parte foi moi bo para tomar nota e seguir crecendo”, comentou.

Por todo iso, espera que o calor da afección se note máis que nunca, achegando ese ánimo extra necesario para que o choque saia adiante. Seguindo fieis ao seu estilo de xogo, o Compos quere agradar de novo á parroquia branquiazul, mantendo a súa posición de privilexio na táboa.

Con todos os xogadores dispoñibles, os dezaseis que sexan da partida tentarán, por tódolos modos, manter a maxia do seu fortín, unha unión que, como xa se notou, faise vital para loitar por todo nesta tempada.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 90 minutos por diante para acadar o obxectivo🫂 Este domingo, co voso apoio, desde Badalona, Compostela ou desde as vosas casas, a polo ascenso🆚 CF Badalona ⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 21/06🕧 12:30 horas🏟️ Municipal de Badalona#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos da un importante paso na finalísima, coa axuda de todos, tras gañar 3⃣-0⃣ na casa 💪 Valeron os goles de Valín, Antón Guisande e Charly🔜 Quedan 90 minutos en Badalona para defender a renda 👉 sdcompostela.com/gl/2026/06/14/compos-3-0-badalona-finalisima/📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, hoxe no banco pola sanción a Secho, analizou na sala de prensa o bo resultado, 3⃣-0⃣, na ida desta final nacional polo ascenso#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ CF Badalona⚽️ Valín, Antón Guisande e CharlyQUEDAN 90 MINUTOS!!! 🩵🤍SEGUIMOS PASO A PASO A POLO OBXECTIVO 💪💪GRAZAS A TODOS, UNHA VEZ MÁIS, POR ESTE AMBIENTAZO!!! SEGUIMOS TODOS XUNTOS!!! 🫂📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.