Saro: “Era necesario mellorar no aspecto defensivo”

9 de Outubro de 2019
Javier Puñal, director de marketing e desenvolvemento de negocio do Compos, Saro e Xosé Alonso, xerente de Cafés Sabora.
Javier Puñal, director de marketing e desenvolvemento de negocio do Compos, Saro e Xosé Alonso, xerente de Cafés Sabora.
  • O lateral santiagués valorou en Cafés Sabora o paso adiante do equipo coas fichaxes

Santiago de Compostela, a 9 de Outubro de 2019.

Despois de vivir a súa estrea goleadora nesta nova tempada, o cal lle permitiu á SD Compostela sumar tres puntos moi complicados contra o Polvorín, Saro Seoane analizou, nas instalacións de Cafés Sabora, a previa do duro reto que afrontan os branquiazuis este próximo domingo, a visita á UD Ourense.

Rodeado dos sacos de café da empresa, que patrocina un ano máis ao club, mantendo a presenza na camiseta número 8, o lateral santiagués valorou este comezo de campionato na súa cuarta campaña no equipo. “Empezamos moi ben, con seis vitorias en sete partidos, e pasando en Copa, polo que esperamos que siga así”, comentou.

Pese ao importante número de incorporacións, estas, asegura, axustáronse moi rápido, sobre todo nun punto fundamental. “Onde tiñamos que mellorar era no aspecto defensivo. De momento encaixamos só tres goles, o que menos na liga, e iso débese tamén ás fichaxes, xa que achegaron experiencia”, puntualizou.

Tendo claro que na parcela ofensiva sempre se xeraron goles, o primordial, considera, era dar ese paso adiante atrás. “Por exemplo, se cadra no partido do outro día iríamos a marcar o terceiro con dez homes e despois custaríanos algún desgusto ao final, polo que se viu que gañamos moito neste sentido”, destacou.

Esta liña tentarana prolongar nas próximas xornadas e, en especial, xa no próximo duelo. “A tempada pasada estiveron entre os catro primeiros durante dous terzos da liga, pero esta estalles custando arrincar, cunha vitoria só, así que a ver se os pillamos nun momento complicado e sacamos os tres puntos de alí, xa que se trata dun campo moi complicado”, sinalou.

Por iso, pese ao bo inicio, avoga por seguir mellorando. “Esperamos ir a máis, xogando mellor para seguir sumando puntos”, remarcou. En especial, apunta que é importante agrandar o máximo posible o colchón con respecto aos rivais.

Por outra banda, en canto ao grupo, volveu destacar a unión que existe, polo que asegura que os novos se axustaron moi rápido. Entre eles, Saro atopa a un compañeiro moi especial, o seu irmán Jimmy. “Estou encantado de que este aquí, tiña xa ganas de xogar con el algún ano e a verdade é que estou contentísimo de compartir vestiario con el”, remarcou.

De momento, coa presenza de ambos nos laterais o Compos conseguiu, ademais do traballo defensivo, tres goles, un pola dereita e dúas desde a esquerda. “Nunca pensamos nun pique, pero se podemos marcar máis os dous, facémolo sen problema”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Centro de Deportes Barco ⚽️ Previa do noso técnico antes do encontro deste domingo, ás 17:00 horas en Calabagueiros, primeiro da segunda volta#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris amplía o seu contrato ata 2027!🤝 O mediocentro terá ficha de primeiro equipo e portará o dorsal '1⃣6⃣'𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2026/01/22/goris-amplia-contrato-compos-2027/#goris2027 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
2️⃣5️⃣0️⃣ partidos e sumandoO noso capitán, Samu Rodríguez, xa superou os 250 partidos disputados coa camiseta branquiazul, repartidos nas últimas 10 tempadasEste pasado domingo quixemos homenaxealo cunha camiseta conmemorativa, entregada polo seu paiParabéns, Samu! Por moitos máis! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Queremos seguir coa boa dinámica!⚽️ 𝐗𝟏𝟖🆚 Centro de Deportes Barco 🗓️ Domingo, 25 de xaneiro🕔 17:00 horas🏟️ Calabagueiros🎫 12€Este domingo, iniciamos a 2ª volta, no Barco de Valdeorras! 🙌#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comezo da semana con dúas xornadas de descanso🏟️ Os nosos volverán ao traballo o mércores para preparar o inicio da 2ª volta coa visita ao Barco#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.