Un equipo de categoría para prolongar a xeira

11 de Outubro de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/E3w2Iv6zhig” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos quere ampliar a súa dinámica de resultados ante a UD Ourense noutra semana Champions

Santiago de Compostela, a 11 de outubro de 2019.

A SD Compostela ten ganas de máis. Coa firme intención de prolongar a súa xeira, tanto no que se refire á liga como nos resultados lonxe da casa, visita este domingo un campo, O Couto, e un equipo de categoría, a UD Ourense. A pesar da diferenza a estas alturas na táboa, o partido antóllase moito máis igualado do que poida parecer, con dous rivais punteiros na categoría.

“É un equipo que tarde ou cedo acabará espertando, estará arriba seguro. Este verán tiveron moitos cambios no plantel, sobre todo no centro do campo e arriba e iso leva un tempo de axuste”, analizou Yago Iglesias na rolda de prensa.

Ademais, as novas caras levaron aos irmáns Currás a apostar, esta tempada, por outro estilo futbolístico. “O ano pasado o seu forte era a faceta defensiva, conseguindo puntos a partir de deixar a portería a cero, mentres que este, polo perfil de xogadores, tentan ter máis balón, cun xogo combinativo, polo que hai que telos moi en conta”, explicou.

Por este motivo, do mesmo xeito que nos enfrontamentos pasados antes os filiais de Lugo e Deportivo, a parcela defensiva, tamén chamado ese outro fútbol, xogará un papel capital. “Teñen moita afección, farase notar e ao ser un conxunto con moita capacidade de xerar fútbol, debemos estar cento por cento concentrados porque haberá momentos que toque estar compactos e non disolverse”, comentou.

Entre eses futbolistas, o técnico santiagués destaca a Gabi Sanín, Presas, Germán ou Rubén Durán, todos eles con moi bo pé, malia que tamén valora a capacidade da dianteira. “Iago Branco, Pedrosa ou Marquitos teñen moito nivel no un para un, polo que non podemos perder a nosa idea de xogo”, remarcou.

Con todo, tras semanas visitando terreos de herba artificial, o Compos atoparase coas dimensións e a superficie que máis lle gusta, algo que beneficiará, sen dúbida, aos nosos. “Ao xogar en natural podemos facer un plan de partido similar ao dos da casa”, asegurou o técnico.

Así, avoga por manter o nivel das semanas anteriores, en busca de someter ao rival coa pelota. “Sempre que sexamos capaces de ter a posesión, temos unha porcentaxe moi alta de conseguir os tres puntos”, destacou.

Centrando a mente só neste partido, aínda que o corpo técnico sempre valora a semana por completo, en base ás características do rival, Yago contará con todos os efectivos dispoñibles, agás Soto, expulsado o pasado domingo, polo que a alternativa no centro da zaga pode ser Queiruga. “Hai que ter calma con el, pero a semana pasada, na súa posta de longo, contra dous rivais de moito nivel, rendeu á perfección”, concluíu.

Os que finalmente sexan os escollidos para disputar este gran encontro sairán de inicio a polos tres puntos, a por outra vitoria máis que manteña a xeira e axude a manterse na parte máis alta da clasificación. Será un duro reto, pero os branquiazuis confían na súa capacidade e na calor que recibirá desde a bancada.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.