Xornada de boas sensacións

14 de Outubro de 2019

Resultados-13-Outubro

  • Os equipos da base contabilizaron nove vitorias e tres empates, con pleno en F-8

Santiago de Compostela, a 14 de Outubro de 2019.

Os equipos da base da SD Compostela certificaron unha gran fin de semana no que lograron nove vitorias e tres empates, por tan só dúas derrotas. Destacaron o Xuvenil A, Cadete B e Infantil B, en Fútbol-11, mentres que en Fútbol-8 tódolos partidos contáronse por triunfos.

En primeiro lugar, o SD Compostela-Zona Vella non puido romper coa mala dinámica ligueira, malia que si conseguiu un meritorio empate (0-0) na súa visita ao Montaos. Os de Fiz Rodríguez lograron ademais manter a portería a cero por primeira vez no curso.

No dobre enfrontamento contra o Racing Villalbés, en Liga Galega, o Xuvenil A saíu vencedor, mentres que o Cadete A empatou. Primeiro, os xuvenís branquiazuis superaron con claridade aos lucenses por 3-1, nun encontro no que o pichichi Christian abriu o marcador, aos 52 minutos, pechado por Óscar Remuiñán cun dobrete. Con este resultado escalan ao cuarto posto, a tres do líder, situación similar á dos cadetes. Estes, que marchan terceiros, empataron contra os de Vilalba 1-1, posto que a diana do goleador Iker Carril, no 3, foi igualada polos visitantes no primeiro acto.

En canto aos B, o Xuvenil B volveu caer derrotado (4-1) contra un duro rival, esta vez o Noia. Martín Díaz anotou o tanto da honra para os nosos. Mellores sensacións e resultado alcanzou o Cadete B, que segue no alto da táboa despois de golear por 6-1 ao San Pedro. Zubo Yang asinou un partido maxistral con catro goles, que culminaron un marcador aberto por Asier Guldris e David Porto. Ademais, o Cadete C segue invicto, e terceiro, ao empatar 1-1 contra o Cruces, co tanto de Tomás Munge.

Baixando de idade, o Infantil A caeu por 4-1 ante o potente Villestro, cunha única e insuficiente diana de Lois Lortes, resultado que contrasta coa vitoria do líder, e invicto, Infantil B. Alejandro Prado, Giovanny Gallo e Hector Veiga puxeron o marcador franco no primeiro acto, malia que o Atlético Fátima reaccionou e achegouse, favorecidos tamén pola expulsión do porteiro branquiazul. Con todo, Daniel Ouro sentenciou á hora de xogo, deixando o 2-4 final.

En fútbol 8, a fin de semana inmaculada comezou coa vitoria pola mínima, 1-2, do Alevín A ante o Atlético Fátima. Aínda que o B descansou, o Alevín C estreou a súa marcadora de triunfos ante o Victoria, por 5-3. Despois, o Benxamín A logrou a súa terceira vitoria seguida ante o Tordoia, para manterse no coliderato, mentres que o Benxamín B gañou ao Amio B. Por último, o Prebenxamín A superou asimesmo ao Amio e o Prebenxamín B ao ED Santiago.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.