Primo, o guerreiro volve ao Compos

4 de Novembro de 2019
Fichaxe Primo Twitter 1
  • O dianteiro cántabro firma ata final de tempada tralo seu paso por Islandia

Santiago de Compostela, a 28 de Outubro de 2019.

Xa é oficial. Óscar Conde Cruz “Primo” (24/06/1993) é novo xogador da SD Compostela. O guerreiro cántabro, que estivo a adestrar cos seus novos compañeiros nas últimas semanas, finalizou o pasado 31 de outubro o seu vínculo co UMF Grindavík islandés, asinando o seu regreso á entidade branquiazul. Unha tempada e tres meses despois, o dianteiro volve estar ás ordes de Yago Iglesias.

O Compos faise así cos servizos do punta desexado, un xogador querido por todos e que deixou unha enorme sensación no seu paso anterior pola capital galega, no curso 17/18. En San Lázaro, demostrou a súa capacidade goleadora, con 23 tantos entre a Liga e o Playoff, e unha mentalidade aguerrida que enganchou á afección, sendo un pesadelo para todas as defensas rivais. En total, disputou 38 encontros, partindo como titular en trinta e seis deles.

Ademais, aos seus vinte e seis anos, Primo atesoura unha dilatada experiencia no fútbol nacional, con seis tempadas en Terceira División e outras dúas en Segunda B, á que tamén suma a súa última aventura no país nórdico. Por tódolos lugares onde pasou, destacouse como un punta nato, cunha gran habilidade para levar a pelota á rede contraria. Así, na súa carreira deportiva, acumula sesenta e seis dianas na cuarta categoría, cun ascenso logrado no filial do Eibar, e outras dez na división de bronce.

Coa súa chegada, Primo pretende sacarse de encima esa espiña que se lle quedou cravada co club santiagués, xa que despois de lograr o título de liga, non foron capaces de lograr o salto de categoría. Esa experiencia vital deixouno marcado e agora quere quitala de enriba para beneplácito da parroquia branquiazul.

Tras estampar a súa firma, e a falta de que chegue o transfer, agárdase que estea dispoñible como branquiazul para esta próxima xornada. Así, terá vinte efectivos no seu plantel para lograr os obxectivos marcados. Os nosos marchan con bo pé na tempada e pretenden dar un salto máis con esta gran incorporación.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.