Nace a Sociedade Deportiva Compostela Atletismo

20 de Novembro de 2019
SD Compostela Atletismo 1
De esq. a der: José Arufe, Gerardo Cachafeiro, Antonio Quinteiro, Eva de la Fuente, Ramón Castro, Amador Pena e Xosé María Rodríguez.
  • Eva de la Fuente presidirá a nova sección atlética, que se integra dentro do club

Santiago de Compostela, a 20 de Novembro de 2019.

Nace a Sociedade Deportiva Compostela Atletismo, unha nova sección de atletismo que se integra dentro da estrutura do club. Únese así á entidade unha modalidade deportiva que xa estivo presente nos anos 50 e 60, buscando unha simbiose, a nivel social e deportivo, na que ambos poidan crecer.

Esta sección estará presidida por Eva de la Fuente, e contará cunha directiva e funcionamentos propios, malia que se compartirán esforzos. “Queremos que non só sexa un compromiso deportivo, senón tamén social, servindo para unir afeccións, que apoien indistintamente aos nosos atletas ou aos nosos futbolistas”, explicou Antonio Quinteiro no acto de presentación.

Retómase así unha tradición, a do escudo do Compostela vestindo os equipamentos dun equipo de atletismo. “Desexámoslles toda a sorte do mundo e agardamos que leven o escudo con moita honra. Ambos sumaremos esforzos tamén para que os patrocinadores se impliquen nas dúas partes”, engadiu o presidente da SD Compostela.

A SD Compostela Atletismo fúndase como un club popular, pero non se pon límites. Arrincará como tal o próximo 1 de xaneiro, coincidindo co inicio do curso atlético, aínda que xa comezaron a tramitar as licenzas dos seus corredores. “A pesar de partir de cero, esperamos contar cuns 50 ou 60 atletas nesta primeira tempada. Nela participaremos, principalmente, en carreiras populares, pero tamén en probas de pista, campo a través e trails”, analizou Amador Pena, director deportivo e atleta desta sección.

O club está aberto a recibir atletas de tódalas idades, desde os máis pequenos da casa ata os veteranos, máis coñecidos como a categoría máster. “Con esta unión, esperamos deixar o escudo o máis alto posible e ir crecendo aos poucos”, remarcou. En todas estas idades competirán a nivel local e comarcal, pero tamén a nivel autonómico, nacional e mesmo internacional.

A ilusión, por ambas partes é enorme, e mesmo outros clubs da cidade xa mostraron o seu apoio a esta iniciativa. “Outras entidades están a mostrarnos o seu ánimo, valorando a aposta do Compos para retomar esta sección. Iso dános aínda máis gañas de levar este proxecto adiante”, concluíu Amador Pena.

Neste acto histórico de presentación, ademais de ambos presidentes e do director deportivo, estiveron tamén presentes Ramón Castro, director das relacións institucionais do Compos, José Arufe e Gerardo Cachafeiro, atletas históricos da anterior sección de atletismo do Compos, e Xosé María Rodríguez, runner que pasará a formar parte do club e fiel seguidor branquiazul.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
Onte estivo de aniversario o noso mariscal na zaga, Euse Monzó!!! 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Euse!!! 💪 Que veñan acompañados de moitos éxitos e que os celebremos xuntos!!!📸 Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual | Jesús Figueroa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 UN ENCONTRO PARA SACAR ENTRE TODOS!!!🙌 ESTE DOMINGO, TODOS AO VERO BOQUETE!!!🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 10.12.23⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete📦 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 𝐎 𝐏𝐚𝐧 𝐝𝐞 𝐋𝐞𝐢𝐬 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/6566fd34cb3f3943395285#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚽️ Comeza unha nova semana con cinco adestramentos previstos! Centrados xa no seguinte reto na casa!!!⚒️ Este domingo, todos xuntos, sacaremos adiante o encontro!!!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.