Rama e os paus evitan a vitoria

24 de Novembro de 2019
Brais Abelenda vs UD Paiosaco 1
O disparo de Brais Abelenda pega no poste. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos gozou de numerosas ocasións, pero non foi capaz de mandar a pelota á rede

Paiosaco, a 24 de Novembro de 2019.

A SD Compostela volveu sumar como visitante, pero non foi capaz de lograr os tres puntos. Os branquiazuis, nunha tarde moi chuviosa, dominaron o partido por completo, gozando de innumerables ocasións, pero a extraordinaria actuación de Rama e os paus evitaron o tanto santiagués. Ao final, un punto que lle permite seguir ao ronsel do líder.

Sen medo á choiva, e nun campo de herba artificial, o Compos saltou fiel ao seu plan de sempre, a dominar coa pelota en campo contrario e chegar á área rival a partir da posesión. Con esa idea de xogo, as primeiras oportunidades sobre a portería de Rama comezaron a aparecer.

Desde o córner, chegou o primeiro aviso aos oito minutos. Saro colgouna ao segundo pau e Pablo Antas rematou coa dereita a pracer, pero o balón marchouse pegado ao pau. Cinco máis tarde, desde a outra esquina, o propio mediocentro lucense, colgou un centro que, tras rozar nun defensa e no porteiro, estampouse contra a escuadra.

Tentábano os nosos por tódalas vías, e tamén rozaron o tanto, á media hora, en dous bos disparos de Saro e Brais, desde a frontal, que salvou o gardameta. Aínda que a máis clara do duelo estaba por chegar, noutro disparo de Brais Abelenda que pegou na parte interior do pau, cando a bancada xa cantaba o gol.

Ambos contendentes fóronse ao intermedio para refrescar as pernas, pero á volta dos mesmos o decorado seguiu sendo o mesmo. Cun Compos incesante e un Paiosaco que tentaba tapar todas as vías de perigo. Sen apenas achegamentos á área de Pato, os nosos volveron gozar das mellores ocasións, malia que a fortuna seguiulles sendo esquiva.

De novo, en dúas accións desde o córner, avisaron Pablo Antas e Baleato, ambos de cabeza, pero en primeira instancia salvou Rama e en segunda, o mediocentro de Bembibre peiteouna rozando a escuadra. Non serían as únicas, o asedio fíxose máis presente conforme avanzaban os minutos, pero non había forma de superar a muralla defensiva local. E na mellor opción, nun man a man de Rodri Alonso, o dianteiro berciano non foi capaz de superar á meta.

Así, morreu o encontro co empate a ceros inicial, polo que cada equipo repartiuse un punto, unha unidade que lle permite aos nosos seguir enganchados ao líder, o Ourense CF, e ampliar as xornadas sen coñecer a derrotar. Ademais, e xa van cinco partidos, a portería quedou a cero. Por todo iso, toca facer bo o empate, o vindeiro domingo ante o Arousa, nun encontro entre dous candidatos ao playoff.

FICHA TÉCNICA:

0- UD Paiosaco: Rama; Ventola, Iriso, Edu, Beto, Pablo; Samu, Javi Fuentes, Josiño (Eiroa, m.71); Juan de Dora (David, m.75) e Otero (Iván Amor, m.80).

0- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Soto, Sergio Pereira; Baleato, Pablo Antas; Gabri Palmás (Rodri Alonso, m.67), Josiño, Brais Abelenda; e Primo.

Árbitro: Abel Bruzos (Lugo). Amoestou a Josiño, Beto e Rama, polos locais.

Incidencias: Campo da Porta Santa (Paiosaco). Partido da décimo cuarta xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 450 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀🎥 Revive a presentación oficial de Manel Menéndez na Brasería A Grella!!!💙 O novo técnico da SD Compostela deu as súas primeiras declaracións nas instalacións do seu patrocinador oficial!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🙌 O Compos segue avanzando na súa dixitalización co novo patrocinio con Cluber App!!!💻 Grazas ao seu software de xestión, melloramos o servizo para a inscrición dos futbolistas, o cobro de cotas ou os trámites administrativos!!!💙 Benvidos ao Compos!!!#PatrocinioCluber ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Grazas Bodegas sampayolo polo voso apoio e compromiso durante esta Tempada!!!🙌 Grazas por formar parte do noso proxecto e por confiar e crecer da man do Compos!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🦷 En Clínica Baltar, a 𝐂𝐥í𝐧𝐢𝐜𝐚 𝐃𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐎𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 da SD Compostela estamos nas mellores mans para coidar a nosa saúde bucodental!!!🪥 O último en visitar as súas instalacións foi Samu Rodriguez para coñecer os seus servizos e tratamentos!!! Recorda que como abonado contas con descontos especiais!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.