Fredi Álvarez, poñente do II Clínic La Excelencia del Entrenador

24 de Decembro de 2019

Ex–adestrador da SD Compostela en dúas etapas distintas, ambas en Segunda División B, Fredi Álvarez participará este venres como relator no II Clínic A Excelencia do Adestrador. Estes son algúns dos aspectos que valora da figura do técnico.

Cal foi a súa traxectoria como adestrador?

Despois de deixar o fútbol como xogador, este é o meu percorrido ata o momento:

            2005-2009   Alondras CF. (2º Adestrador) – 3ª División

            2009-2012   Alondras CF. (1º Adestrador) – 3ª División

            2012-2013   SD. Compostela (1º Adestrador) – 3ª División

            2013-2014   SD. Compostela (1º Adestrador) – 2ª División B

            2014-2015    RC. Celta B (1º Adestrador) – 2ª División B

            2015-2016   SD. Compostela (1º Adestrador) – 2ª División B

            2016-2017   CD. Boiro (1º Adestrador) – 2ª División B

            2017-2018   CD.  Izarra (1º Adestrador) – 2ª División B

Como inflúe a preparación física nos equipos?

A preparación física no fútbol cambiou moito. Agora os adestradores e os preparadores físicos, na maior parte dos casos, tentamos integrar a parcela física dentro das tarefas técnico-tácticas para así enriquecer máis ao futbolista. A preparación física é un valor importante para o rendemento dun equipo, se somos capaces de que os xogadores estean en bo estado físico, todo o que lles queiramos pedir a nivel táctico e técnico será máis fácil de conseguir.

Un adestrador necesita coñecer todos os procesos para a planificación de adestramentos, ou déixase guiar polos seus axudantes?

Creo que nun corpo técnico é importante que cada un desenvolva a súa capacidade da mellor maneira posible, pero iso non exime que o adestrador sexa capaz de coñecer as reviravoltas de cada un dos procesos do adestramento.

Algún consello para os adestradores que están a empezar?

O meu consello é que se empapen de fútbol, sen perder a esencia do que cada un cre que debe ser o seu equipo. A partir de aí, ilusión, ambición e traballo.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.