Fran Justo, poñente do II Clínic La Excelencia del Entrenador

23 de Decembro de 2019

Fran Justo (24/08/1989), adestrador do Ourense CF, rival da SD Compostela na parte alta da Terceira División, participará este próximo 27 de decembro no II Clínic A Excelencia do Adestrador, no que impartirá unha charla titulada “Modelo Ourense CF”. Este é Fran Xusto e así ve o fútbol.

Brevemente, cal foi a súa traxectoria como adestrador?

Empecei xogando e adestrando no Ourense CF hai 14 anos, no Alevín C, e pasei por todas as categorías do club ata chegar a Xuvenís. Con 23 anos, tomo as rendas da SD Nogueira, en Primeira Rexional, onde quedamos campións e ascendemos a Preferente. Adestro ese ano en Preferente e ao seguinte regreso ao Ourense CF para adestrar ao División de Honra Xuvenil.

Despois desa tempada, danme a oportunidade de adestrar ao primeiro equipo en Preferente e ese mesmo ano conseguimos o ascenso a Terceira División. Desde ese ascenso, levamos tres tempadas en Terceira, quedando novenos a primeira delas, sextos a segunda e a que estamos actualmente.

Adáptase o adestrador ao sistema ou é o sistema o que debe adaptarse á visión do adestrador?

As dúas cousas. A min gústanme os adestradores que dominan varios sistemas e modelos de xogo, e dentro do modelo, dependendo do que pida o partido, poder utilizar un sistema ou outro. O que si considero fundamental é adaptarse ao persoal que se ten. Aos adestradores págansenos para, cos futbolistas que temos, conseguir sacar o máximo rendemento do equipo.

Como transmite a súa visión do fútbol aos seus xogadores?

Transmitilo é sinxelo, o complicado é facer que eles crean no que ti crees. Para iso, tento demostrarllo a través de tarefas xogadas e situacións o máis reais posibles ao que nos imos a atopar os domingos. Esfórzome moito en conseguir que esas situacións se vaian dando nos adestramentos e intento darlles as solucións na maneira que eu entendo o fútbol e que eles comprendan esas solucións. Se son capaces de comprender e entender por que lles dás esas solucións, entón é cando comezarán a crer en ti e a trasladar ao campo o que o ti lles pides.

Creo que tamén é importante que o adestrador sexa capaz de detectar onde se atopan máis cómodos os seus futbolistas. Ou polo menos a maioría deles. Non é o mesmo adestrar a futbolistas rápidos que lentos, con moita técnica ou máis  corpulentos que lles gusta o fútbol de contacto. Unha vez con isto, xa podes exporlles o modelo de xogo e pódeslles transmitir o que crees.

Pódese dicir que sempre tenta darlle unha explicación aos seus xogadores do que ve?

Si, para o min o por que é moi importante, sobre todo se vai apoiado de situacións reais de xogo, ou en cortes do equipo rival ao que nos imos a enfrontar, ou en situacións dos nosos partidos onde fixemos as cousas ben. Pero todo isto vai moi da man dos resultados. Con resultados a favor, é moito máis fácil que o futbolista crea en ti. O realmente complicado é que o equipo crea en ti cando os resultados non acompañan. Se nesta circunstancia un adestrador aínda segue conseguindo que os seus xogadores crean nel, entón ten moito mérito.

Pode darlle algún consello aos adestradores noveis?

O máis importante é que teñan ilusión. Un adestrador que, como mínimo, teña ilusión e sexa traballador, sempre vai ter o respecto do equipo. O complicado está en transmitilo.

O que tamén considero fundamental, é que deben adestrar aos seus equipos coma se fose a oportunidade da súa vida, sexa cal for o equipo e a situación. Póñoche un exemplo: eu adestraba en Preferente xogándome un ascenso a Terceira e á vez adestraba ao Benxamín A do Celanova. Nese momento pódoche asegurar que era igual de esixente nas tarefas do xogo e dentro do adestramento cos benxamíns que cos xogadores de Terceira. Con matices, por suposto, xa que non é o mesmo o trato e o día a día con nenos que con maiores, ou os obxectivos de cada equipo. Pero eu preparaba o adestramento e esixíame o máximo en ambos.

Se tes ilusión, gozas e traballas, faralo igual nun Benxamín que nun Terceira. Eu recordo que me dicía a min mesmo que adestraba o Xuvenil do Ourense CF coma se adestrase ao Real Madrid CF, que se nese momento me desen ao Real Madrid non me podería esforzar máis do que o facía nese momento.

Un adestrador novel debe sentir que deu todo o que ten, porque nunca sabes onde vai estar a oportunidade que necesitas ou onde cambiará a túa carreira.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.