Empate que deixa todo igual no alto

5 de Xaneiro de 2020
Celebración Gol Brais Abelenda vs Ourense CF 1
Celebración do gol de Brais Abelenda na primeira metade. Foto: Brais Fernández
  • Un tanto no desconto do Ourense evitou a vitoria branquiazul no Couto

Santiago de Compostela, a 5 de xaneiro de 2020.

Un cabezazo no período de prolongación da segunda metade evitou a primeira vitoria do ano para o líder do grupo 1 da Terceira División. A SD Compostela, nun encontro doutra categoría, igualou 2-2 contra o Ourense CF, deixando a clasificación como estaba, cun punto de diferenza entre primeiro e segundo. Os nosos rozaron o triunfo, pero manteñen o seu posto no máis alto despois de pasar por un campo moi complicado.

Ata por dúas ocasións se adiantaron os branquiazuis no Couto. Primeiro marcou Hugo Sanmartín, no 5, e posteriormente o pichichi Brais Abelenda, no 39, pero en ambas ocasións, e tras xogadas a balón parado, Cassio equilibrou a balanza.

Sen complexos e sen medo. Así saltou o Compos ao Estadio do Couto para medirse, no primeiro partido do 2020, ao seu inmediato perseguidor. Coa confianza da gran primeira parte do ano, os branquiazuis saíron a por todas no partidazo vivido neste día de Reis. Coas ideas claras, e o plan de xogo habitual, os nosos non agardaron nin cinco minutos para adiantarse no marcador.

Aproveitando unha contra, tras saque de esquina rival, os santiagueses fixeron o máis difícil, poñerse por diante ante o Ourense. Miki recolleu o esférico na banda, púxoa en profundidade para Pablo Antas e este, tras chegar á altura da área, colocou un centro medido ao segundo pau para que Hugo Sanmartín empalase, de volea, ao fondo da rede. Foi todo un golpe encima da mesa e a primeira diana do mediapunta en liga como compostelanista.

Con todo, o equipo tiña claro que a tarefa sería moito máis complicada e os locais, nunha nova xogada de estratexia, igualaron. Esta vez, a acción desde a esquina si que lles saíu. Adri Castro peiteou no punto de penalti, salvou na liña Brais Abelenda, pero Cassio recolleu a pelota solta e fusilou á rede, acabando coa marca de imbatibilidade de Pato, que quedan en 797 minutos.

A pesar do tropezón, os branquiazuis seguiron fieis ao seu estilo e aínda que primeiro Brais Abelenda non puido aproveitar un esférico morto na área, minutos máis tarde acabaría mollando nunha xogada moi similar. Hugo Sanmartín púxoa para o pichichi branquiazul, quen non chegou, pero no intento de despexe dun defensor, o balón golpeou en Brais e coouse na rede, superando a Parra por encima.

Este tanto puña a vantaxe de novo no marcador antes do intermedio, e puido ser maior, pero Portela evitouno coa cabeza, salvando na liña un remate de Samu tras unha acción de córner.

Á volta dos vestiarios, os nosos saíron aínda mellor ao campo, avisando xa no segundo minuto, con outro golpeo de Samu, esta vez desde fóra da área, que salvou o porteiro cunha bonita palomita. O meta local, no papel de protagonista, volveu evitar, minutos máis tarde, un gol que semellaba cantado.

Despois do roubo no medio do campo, o Compos montou unha rápida transición que deixou a Miki ás costas da defensa, este puxo o servizo medido ao punto de penalti para Brais Abelenda, quen rematou de primeiras potente, xogada perfecta que con todo non acabaría en gol pola salvada de Parra. E no rexeite, de novo nos pés de Brais, o porteiro voou na liña e desde o chan para sacar por segunda vez consecutiva o intento do pichichi compostelanista.

Eran os mellores minutos visitantes, ante un Ourense que só atopaba como vías de escape as subidas por banda de Murilo e as accións de balón parado. Con todo, a pesar de que o devir dos minutos parecía presaxiar o triunfo branquiazul, este escapouse no tempo de alargue.

Tras un despexe con moi mala fortuna, o balón foise a córner, desde onde a puxo Renan ao segundo pau para que Cassio, saltando por encima de todos, igualase a contenda cun croque cruzado. Foi un xerro de auga fría, un tanto que, do mesmo xeito que pasou en Portonovo , evitou que os branquiazuis levasen a vitoria.

A pesar de todo, o marcador xa non se moveu, polo que o punto colleitado permite ao Compos seguir como antes das vacacións, líder e cun punto de vantaxe sobre o seu perseguidor. Por tanto, o campión de inverno decidirase na última xornada da primeira volta, na que os nosos volverán ao seu fortín para medirse a outro equipo da provincia, o Arenteiro.

FICHA TÉCNICA:

2- Ourense CF: Parra; Germán, Sergio Barcia, Portela, Manu Mariña (Rubén, m.81), Murilo (Pedro Delgado, m.89); Cassio, Renan, Pibe; Iker Revuelta (Martín Lamelas, m.61) e Adri Castro.

2- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Soto, Jimmy; Samu, Baleato; Miki (Gabri Palmás, m.78), Pablo Antas, Hugo Sanmartín (Mon, m.85); e Brais Abelenda.

Goles: 0-1: Hugo Sanmartín, min.5; 1-1: Cassio, min.21; 1-2: Brais Abelenda, min.39; 2-2: Cassio, min.90+2.

Árbitro: Iglesias Melón (Vigo). Amoestou a Manu Mariña, polos locais; e a Jimmy, Miki, Pato e Samu, polo Compos.

Incidencias: Estadio do Couto (Ourense). Partido da décimo oitava xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 1.500 espectadores.

Flickr

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
Sempre Compos! 🩵🤍🙌 GRAZAS polo voso apoio en cada encontro dos nosos🔎📸 Atópate na bancada de Riazor nas fotos capturadas por Nacho Castaño#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Volta ao traballo esta tarde no San Lázaro II⚽️ Cinco sesións para preparar o partido ante o Unión Popular de Langreo #ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤝 Xuntos 🩵🤍🎯 Domingo, 12.00 horas 💪 A pola vitoria#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐗𝐔𝐕𝐄𝐍𝐈𝐋 𝐀🔚 FINAAAALCOMPOS 🩵🤍 (⚽️ Moreta e )2️⃣-0️⃣Veriña C.F.⚽️ Os nosos confirman a confirman a boa dinámica e os 3 puntos quedan en casa!🙌🏻 Gran inicio de tempada para os de @FizRguezCarball#CanteiraPicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ Xuntos, na nosa casa, o domingo pola mañá, acadaremos a vitoria que desexamos todos!X4 🆚 Unión Popular de Langreo 🏟️ Vero Boquete🕖 12.00 horas🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/ 🔁 Patrocina TEN - Tratamientos Ecológicos del Noroeste 💪 Faremos do Vero Boquete un fortín!#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.