Brais Abelenda recibe o premio ao xogador cinco estrelas da primeira volta

16 de Xaneiro de 2020
IMG 20200115 171335 2 1
  • O dianteiro de Bembibre foi o máis votado pola afección en Twitter

Santiago de Compostela, a 16 de Xaneiro de 2020.

Brais Abelenda Negreira recibiu onte de mans de Hugo Pérez, brand manager de Mahou en Galicia, o galardón que o converte no “Xogador Cinco Estrelas da SD Compostela” da primeira volta da liga. O dianteiro branquiazul, con 35 designacións, foi o máis votado pola afección compostelanista en Twitter, repetindo así o premio que xa recibiu o curso pasado, tamén na primeira parte do campionato.

“O curso pasado tamén fun elixido o mellor xogador da primeira volta, aínda que na segunda as cousas non foron igual, pois baixei un pouco o nivel. Espero que nesta segunda volta poida manter o mesmo nivel da primeira”, explica o xogador.

Nesta segunda campaña ás ordes de Yago Iglesias, o atacante de Bembibre destacou pola súa faceta goleadora, 12 tantos, sendo o máximo goleador do equipo e o segundo da liga, pero tamén polo seu traballo incansable, tanto cando arrinca desde a banda, como cando o fai na punta do ataque. Ese labor axudou, e moito, a que o equipo lograse o campionato de inverno do grupo 1 da Terceira División, con 45 puntos.

Así, ata a data, é o xogador de campo con máis minutos disputados (1.625), participando en todos os encontros xogados, partindo como titular en todos menos nun. Na memoria da afección están as súas “chamadas ao gol”, xesto que interpreta cada vez que manda o balón ao fondo das mallas, con obras de arte como a vista o pasado domingo contra o Arenteiro. Tamén destacan a súa vaselina en Pontellas ou a pisada para sentar ao porteiro, ao máis puro estilo fútbol sala, no duelo contra o Arosa.

Coa entrega deste premio, Mahou demostra o seu compromiso e o seu fiel apoio á SD Compostela unha tempada máis. Este premio resulta moi especial, xa que co que se quere recoñecer, por unha banda, aos xogadores máis destacados, e polo outro, aos seus afeccionados, que son os encargados da elección.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, @samurodriguez14Sempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, SamuSempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
📋⚽️ Carlos de Lerma1️⃣ Edu Sousa2️⃣ Mario Hermo3️⃣ Miguel Prado5️⃣ Jordan6️⃣ Damián8️⃣ Goris1️⃣4️⃣ SAMU ©️1️⃣9️⃣ Buba2️⃣0️⃣ Manu Rivas2️⃣1️⃣ Rosón2️⃣2️⃣ Uzal📸 Nacho Castaño #composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.