O Compos tamén gaña como visitante

26 de Xaneiro de 2020
Gol Hugo Sanmartín vs UD Somozas 1
Instante do gol de Hugo Sanmartín, con Miki celebrándoo ao fondo. Foto: Amadeo Rey.
  • Primeira vitoria da segunda volta lonxe de Santiago ante un correúdo Somozas

Santiago de Compostela, a 26 de Xaneiro de 2020.

A SD Compostela suma e segue neste 2020. Os branquiazuis encadearon a súa terceira vitoria consecutiva, esta vez como visitantes, ao superar a un correúdo Somozas por 1-2. Con tres puntos máis no bote, seguen no máis alto da clasificación con catro de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, o Ourense Cf.

Nun duelo dominado polos branquiazuis, a contenda decidiuse nunha segunda metade na que chegaron os tres tantos. Primeiro, aos tres minutos da continuación, Hugo Sanmartín adiantou aos visitantes, vantaxe neutralizada polos locais co tanto de Eloy. Con todo, Brais Abelenda, a seguir, devolvería as augas á súa canle co seu décimo terceiro gol da tempada.

Co obxectivo de romper o dito de “adestrador novo, vitoria segura”, o Compos saltou ao Manuel Candocia en busca de tres puntos que lles permitisen seguir coa súa renda no alto da táboa. Partindo de inicio con tres exsomozistas (Sergio Pereira, Baleato e Pablo Antas) sabían que a meta pasaba por levar a batuta do encontro e aproveitar as oportunidades que tivesen.

Así, desde o inicio, imprimiron un ritmo moi alto ao seu xogo ante un rival que tamén se atrevía a manexar o esférico. Ao cuarto de hora, os nosos, hoxe de amarelo, avisarían cunha clara acción de Miki por banda dereita, na que puxo o pase atrás como de costume, pero nesta ocasión entre un mar de pernas o remate, de socato, marchouse rozando o poste.

Foi a acción máis clara dunha primeira metade na que ambos conxuntos tentaban someter ao seu rival coa pelota, aínda que a tarefa complicábase polas dimensións do terreo de xogo. Varias accións a balón parado en ambas áreas foron o máis destacado antes de chegar ao intermedio.

Á volta dos vestiarios, de novo, o Compos quixo imprimirlle unha marcha máis ao xogo, coñecedores de que se querían levar os tres puntos desta dura saída tiñan que pórse en vantaxe canto antes, e fixérono, aos tres minutos.

Nesta ocasión, na xogada marca da casa, Miki atopou de novo o espazo por banda dereita, chegou á liña de fondo, e puxo o pase raso medido para que Hugo Sanmartín marcase a pracer. O atacante branquiazul colleulle o gusto a mollar nos encontros lonxe do Vero Boquete, logo de anotar o seu primeiro gol do curso na última saída ao Couto.

A pesar de lograr o máis complicado, o conxunto da comarca de Ferrol,  non baixou os brazos e volveu á carga, especialmente, coa entrada de Eloy. Avisaba Yago Iglesias do perigo do dianteiro local, pola súa envergadura, e era por algo. Nada máis entrar ao campo, o punta cazou un centro lateral para aloxar a pelota na rede, superando a Pato.

Era o empate momentáneo, pero pouco durou. Catro minutos máis tarde, no 63, Brais Abelenda, pichichi branquiazul, aproveitou o mal despexe de Marcos Souto para orientar a pelota á súa perna dereita e anotar o segundo tanto compostelanista desde o borde da área. A décimo terceira chamada ao gol do dianteiro de Bembibre devolvía as augas á súa canle e cargou de ánimos aos nosos.

Esta vez, o líder xa non deixaría escapar a vantaxe. Tirando de experiencia e con moita paciencia, os minutos foron correndo sen que a presión local fixese efecto. O Somozas seguíao tentando con centros laterais para os seus dianteiros, pero a férrea defensa branquiazul sacou todos e cada un dos intentos ferroláns. Mostraron unha vez máis a súa solidez para defender o seu arco e manter a vantaxe no electrónico.

Deste xeito, e tras un último intento local, o colexiado sinalou o final da contenda, viaxando os tres puntos para Santiago. Sumou así o Compos o seu primeiro triunfo como visitante nesta segunda volta, mantendo a vantaxe no alto da clasificación e con boas sensacións antes doutra dura saída, o vindeiro domingo, contra o Barco, terceiro na táboa.

FICHA TÉCNICA:

1- UD Somozas: Marcos Souto; Fran Belengi, Rubén, Manu Moya, Ramsés; Juan Martínez (Eloy, m.59), Juan Montaño; Juanma (Carlos, m.81), Chacón (Óscar, m.70), Dani Bellas; e Luís Nuño.

2- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Soto, Sergio Pereira; Samu, Baleato; Miki (Josiño, m.88), Pablo Antas (Mon, m.89), Hugo Sanmartín; e Brais Abelenda (Gabri Palmás, m.81).

Goles: 0-1: Hugo Sanmartín; 1-1: Eloy, min.59; 1-2: Brais Abelenda, min.63.

Árbitro: Casanova Cudeiro (Ourense). Amoestou a Manu Moya, Dani Bellas e Chacón, polos locais; e a Brais Abelenda, polos visitantes.

Incidencias: Campo Alcalde Manuel Candocia (As Somozas). Partido da vixésimo primeira xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 650 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Jaime Santos🗣️ Na PREVIA tamén falou o xogador asturiano, quen destacou a confianza do equipo e analizou ao rival#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA do técnico compostelanista antes do partidazo decisivo deste domingo, ás 12.00 no Vero Boquete, ante o Real Avilés Industrial C.F. ⚽️ O técnico só se centra en conseguir o triunfo o domingo#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario o noso gran ©️, Álvaro Casas 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Álvaro! Que veñan acompañados de moitos éxitos e celebralos xuntos sobre o verde! 🙌📸 Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información do Centro Comercial As Cancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información de @ascancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#ComposRealAvilésIndustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.