Bicho: “É o equipo que mellor se adapta ao meu estilo”

29 de Xaneiro de 2020
Presentación Bicho 1 1
Javier Puñal, Ramón Castro, Bicho e Manuel Castiñeiras.
  • O mediapunta foi presentado esta mañá na tenda oficial do club

Santiago de Compostela, a 29 de Xaneiro de 2020.

Á espera de re-debutar coa camiseta branquiazul da SD Compostela, Javier Fernández “Bicho” foi presentado esta mañá como novo xogador do club na súa tenda oficial. O mediapunta, que asina ata final de tempada, con opción a outra máis en caso de ascenso, mostrouse moi ilusionado con esta oportunidade e con ganas de xogar xa os seus primeiros minutos.

“Estou moi contento de volver estar aquí, como hai uns anos, xa que creo que é o equipo que mellor se adapta ao meu estilo, tanto por campo, a calidade dos compañeiros, o adestrador e todo en xeral”, valorou nas súas primeiras declaracións ante os medios de comunicación.

Á hora de decidirse pola proposta compostelanista, Bicho tíñao claro. “Como toda opción hai que pensala, pero de ter que xogar en Terceira, a única opción que barallaba era vir ao Compos. As instalacións e as infraestruturas deste club son doutra categoría e iso está claro que sempre che chama”, explicou.

Ademais, á hora de decantar a balanza, todo prestaba ao seu favor. “A opción chamábame moito tamén por como xogan, por estar preto de casa, o cal o valoro moi positivamente, e polas aspiracións, que canto máis ambiciosas, mellor”, sinalou.

A pesar de estar sen equipo, o xogador sadense estivo adestrando estes meses pola súa conta, polo que se atopa ao dispor do adestrador. “Adestrar pola túa conta está claro que non é o mesmo que polo propósito de competir, pero a verdade é que me sentín bastante ben ao chegar e co paso dos días cada vez estou mellor. As sesións da AFE axudáronme tamén a coller ritmo”, remarcou.

Por iso, se o corpo técnico así o decide, está listo para debutar na tempada. “Estou preparado para o que me pida o míster e canto antes poida xogar, mellor. Teño unha conversación pendente con Yago estes días, díxome que hoxe falariamos para comentarme a idea de xogo. Ademais, pediume que fose o outro día a Somozas para ver como xogaban, e alí estiven, aínda que máis ou menos xa sabía”, analizou o atacante.

Con todo, aínda que a moitos dos novos compañeiros xa os coñecía, “ben da súa etapa anterior, das categorías inferiores ou ben de enfrontarse a eles”, nos seus primeiros adestramentos chamoulle moito a atención “o ritmo e a calidade dos xogadores”. “Hai un plantel de moitísima de calidade, con nivel para estar en categorías superiores”, sentenciou.

Así, con metas ambiciosas, pero co amorne necesario para que todo saia ben, quere axudar a cumprir o camiño á Segunda División B. “Está claro é que hai que ir pasiño a pasiño, ir pensando nos partidos que quedan, porque pensar xa en ascender non che leva a bo porto”, concluíu.

No acto de presentación, no establecemento situado na Rúa da Raíña 8, Bicho estivo acompañado por Manuel Castiñeiras, director deportivo do Compos, Ramón Castro, director das relacións institucionais, e Javier Puñal, director de márketing e desenvolvemento de negocio.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.