A décimo cuarta non se puido completar

8 de Marzo de 2020
Primo vs UD Ourense 1
Primo batalla con Alfredo durante a segunda metade, nun partido patrocinador por Auga de Sousas. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos rompeu a súa imbatibilidade no Vero Boquete tras caer 0-1 coa UD Ourense

Santiago de Compostela, a 8 de Marzo de 2020.

Á décimo cuarta, non puido ser. A SD Compostela caeu no Vero Boquete, na tarde na que podía lograr a marca histórica de triunfos seguidos nunha tempada como local, despois de caer, de novo, contra a UD Ourense. Un 0-1 final marcado polo gol de Rubén Arce no minuto 6 e a defensa numantina posterior dos ourensáns.

Cunha bancada a rebentar, froito do duelo entre dúas das mellores afeccións da liga, o derbi da vía da prata presentábase para o Compos como un duro reto, xa que se medía a un dos tres conxuntos que o superaron na competición e, ademais, trala última derrota en Lugo, a enfermería branquiazul contaba con dous novos inquilinos.

O duelo, do mesmo xeito que na ida, presaxiaba un encontro moi igualado que se decidiría por pequenos detalles, polo que os nosos saltaron ao terreo de xogo coas premisas moi claras. Dominar coa pelota e non conceder atrás.

Con todo, nunha acción desafortunada, os visitantes atoparon o premio que anhelaban, pórse por diante no luminoso. Hugo García puxo un balón cruzado para a entrada de Rubén Arce e este, tras marrar no man a man, atopouse coa sorte de cara, xa que o esférico rebotou no seu corpo e acabou superando a liña de gol, a pesar de que Álvaro Casas a despexara.

Coa vantaxe, os ourensáns perpetráronse con liñas moi xuntas ante un Compos dominador coa pelota, pero que non atopaba claridade no último pase. Tívoa Miki, nun desmarque ás costas, pero o seu pase da morte para Primo cortouno un central. Tamén entraba só para o man a man, minutos máis tarde, Sergio Pereira, tras un pase filtrado de Bicho, pero o xuíz de liña decretou un discutido fóra de xogo.

Sen fortuna, o duelo marchouse ao intermedio, no que os nosos refrescaron as pernas e a mente para buscar a remontada na segunda metade. Saíron enchufados e no primeiro minuto xa tiveron un remate de cabeza de Pablo Antas que se marchou escorado.

Á contra, os vermellos tamén inquietaron cun remate de Hugo García á parte exterior do poste, pero o campo estaba inclinado cara á área de Ángel e as ocasións comezaron a chegar por todos os lados.

Tívoa Josiño en posición franca, primeiro, cun golpeo fóra no segundo pau, logo da asistencia potente de Primo desde a liña de fondo, e máis clara aínda despois, nun centro desde a esquerda que quedou morto no corazón da área, pero no que, no intento de axustar, atopouse coa estirada do porteiro e o traveseiro.

O seguinte en probalo sería Primo, tras recibir diante do meta un servizo picado de Álvaro Casas, pero no xiro atopouse coas mans de Ángel. E cando non foron as mans do porteiro, apareceron as pernas dos defensores para evitar que o golpeo de Pablo Antas, tras asistencia de Gabri Palmás, acabase no fondo da rede.

Os minutos corrían e os nosos acumularon xogadores na área en busca de que o balón, por fin, terminase aloxado na portería, pero, a pesar da insistencia constante, non houbo forma. Marcouna Primo, pero o árbitro volveu decretar un fóra de xogo moi axustado, e mesmo o probou na última Pato, pero tras controlar na área, non puido conectar o disparo.

Por iso, a xeira de vitorias consecutivas no fortín quedou en trece, acumulando agora o Compos dúas derrotas seguidas, aínda que co liderado aínda en mans compostelanistas. A fortuna non estivo de cara para manter a dinámica, pero os nosos levantaranse máis fortes e tentarán lograr tres novos puntos este próximo sábado contra o Estradense.

FICHA TÉCNICA:

0- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Soto, Sergio Pereira (Josiño, m.56); Samu, Pablo Antas; Miki (Baleato, m.75), Bicho, Hugo Sanmartín (Gabri Palmás, m.25); e Primo.

1- UD Ourense: Ángel Díez; Gabi Sanín, Corzo, Vieytes, Alfredo; Rubén Arce (Isi, m.89), Viti (Germán, m.80), Tiago, Champi; Dani Pedrosa e Hugo García (Marquitos, m.64).

Goles: 0-1: Rubén Arce, min.6.

Árbitro: García Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Yago Iglesias (m.69) con vermella directa. A demais, amoestou a Samu, Pablo Antas e Miki, polo Compos.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Partido da vixésimo sétima xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 1420 espectadores. Na foto do equipo, estiveron presentes Lola Broullón, a única xogadora da base, no Día Internacional da Muller, e Samuel Mata, neno para o que se destinarán os fondos do Cross Solidario Duchenne, organizado pola SD Compostela Atletismo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 A recuperar a senda da vitoria! 💪 Queremos o triunfo na nosa casa! 🩵🤍x16 🆚 Real Ávila CF 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 15/12🕠 17.30 horas🎅 Patrocinado por Centro Comercial As Cancelas 📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🎁🎄 RECORDA, cada Abonado +16 anos pode retirar ONLINE unha invitación de balde para a súa mesma zona🚨⏰ OLLO! O partido moveuse ás 17.30h#composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Regreso aos adestramentos esta tarde co obxectivo de recuperar a boa senda de resultados⚽️ Cinco sesións para preparar o partidazo na nosa casa contra o Real Ávila CF #composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐀𝐧𝐭𝐨́𝐧 𝐏𝐞𝐫𝐦𝐮𝐲🗣️ Declaracións de Antón Permuy trala derrota en Torrelavega🎥 RS Gimnástica #rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋RS Gimnástica 2️⃣-0⃣ COMPOS#rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSORS Gimnástica 2️⃣-0⃣ COMPOS👉 Tocará remontar na segunda metade#rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.