Triplete en cadetes e dobrete en infantís

9 de Marzo de 2020
Resultados 8 Marzo 1
  • O Cadete A superou en casa en Dumbría e o Infantil A o EFM Boiro, segundo, de visitante

Santiago de Compostela, a 9 de Marzo de 2020.

A xornada para as categorías inferiores da SD Compostela completouse con oito vitorias, dous empates e catro derrotas. En fútbol-11, no que se colleitaron as dúas igualadas (Filial e Xuvenil B), destacaron o triplete dos cadetes, todos como locais, e o dobrete dos infantís, ambos de visitantes. Ademais, o Alevín C, Benxamín A e Prebenxamín B foron os outros triunfadores.

En primeiro lugar, o SD Compostela-Zona Vella sumou un novo empate noutro derbi compostelán, esta vez, empatou 2-2 contra o ADM Peleteiro. O filial branquiazul sumou este punto despois de equilibrar a vantaxe local na segunda parte, mercé a un dobrete de Alberto Fernández. Agora, os nosos marchan na sexta praza.

Non tivo tanta sorte esta vez o Xuvenil A, único conxunto de f-11 da base que caeu derrotado. Os nosos que seguen como líderes, con dúas unidades de vantaxe sobre o Atlético Coruña Montañeros, perderon pola mínima (0-1) ante un Bergantiños que escala ata o terceiro caixón da liga. Agora, os canteiráns tentarán recuperar sensacións na súa visita ao Viveiro. Pola súa banda, o Xuvenil B logrou un importante empate (1-1) na súa visita ao EFM Boiro, sétimo clasificado, un punto que axuda aos nosos a escaparse das prazas de descenso. Martín Díaz foi o autor do tanto compostelanista.

En Liga Galega, e contra outro equipo da Costa da Morte, o Dumbría, si sumou a vitoria (2-1) un Cadete A asentado na segunda praza, posición de ascenso directo. Os de Iván Carril fixérono remontando a diana visitante, grazas aos goles, no segundo acto, de Iker Carril, de penalti, e de Keko. Os nosos manteñen dous puntos de renda co Atlético Coruña Montañeros.

Mentres tanto, en Segunda Autonómica, o Cadete B regresou á acción cun novo triunfo (1-0) contra o Victoria B, co que manteñen o co-liderado, aínda que esta semana recuperarán o seu partido aprazado. David Porto, no desconto, foi o encargado de desnivelar a balanza. E o Cadete C, remontando unha diferenza de dous goles (3-2), tamén sumou tres valiosos puntos contra o Milladoiro B. Anxo Ferreiros, na primeira, e Yago Castaño e Ruibo Yang, na segunda, fixeron posible a vitoria local.

E en infantís, un novo dobrete, e con enorme mérito, xa que ambos o fixeron como visitantes e ante dous duros rivais. En primeiro termo, o Infantil A, terceiro na táboa, goleou por 0-4 ao EFM Boiro, segundo clasificado, nun encontro no que mostraron o enorme nivel que atesouran. O hat-trick de Anxo Fuentes e o gol final de Leo González fixeron posible a machada compostelanista. Á súa vez, o Infantil B, cuarto en liga, superou por 1-4 ao Dubra SD, mercé ao tanto inicial de Alejandro Prado e ao hat-trick posterior de Dani Ouro.

En fútbol-8, o Alevín A viuse superado polo líder, o ED Santiago, contra o que perdeu por 1-7. Con todo, o Alevín C si acadou os tres puntos (2-4), no seu debut na segunda fase da competición, ante o Cacheiras B.

O Benxamín A tamén logrou a vitoria tras superar ao Amio, polo que segue a tres unidades do líder, mentres que o Benxamín B caeu ante o Atlético Fátima B. E por último, o Prebenxamín A xogará o seu encontro contra o Peleteiro este mércores e o Prebenxamín B logrou o seu primeiro triunfo da segunda fase ao superar ao Bandeira como visitante.

Para rematar, en fútbol sala, o Biberón A viu aprazado o seu encontro pola condensación do pavillón, mentres que o Biberón B perdeu por 1-2 contra o Club Melide Sala.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
x24 🆚 Real Racing Club (Rayo Cantabria)🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 23/02🕔 17.00 horas💡 Ojoalvatio Asesoría Energética📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/ 🎯 A facer bo na casa o empate de onte#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️⚽️ Plan de traballo para o regreso ao Vero Boquete contra o Real Racing Club (Rayo Cantabria)#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 FINAALUM Escobedo 0⃣-0⃣ COMPOS+1⃣ punto!⚽️ Bo partido dos nosos, dominando o encontro, pero sen capacidade para aproveitar as súas ocasións de perigo!🙌 Toca facer bo este empate o próximo domingo na casa!📸 Adriel Sierra#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUM Escobedo 0️⃣-0️⃣ COMPOS Primeira metade moi controlada polos nosos, sen recibir ocasións e buscando o gol ante un rival en bloque baixo#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 🩵🤍#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.